spot_img
InicioBaixo Miño'Descubrindo as nosas fortalezas'. Tomiño segue a por en valor o seu...

‘Descubrindo as nosas fortalezas’. Tomiño segue a por en valor o seu patrimonio arqueolóxico e arquitectónico

Estas - Tomiño

O percorrido, duns 6 quilómetros, inclúe o Forte dos Medos e outros lugares de interese, coma “Estás na Auga” e os Muiños da Regueira

O Concello de Tomiño segue a por en valor o patrimonio arqueolóxico e arquitectónico do municipio, dentro do programa de actividades, de balde e para toda a familia “Tomiño Único”, organizado pola Concellería de Turismo e Patrimonio, que dirixe Fátima Rodríguez.

A penúltima actividade está prevista para o vindeiro mércores, 24 de agosto, e consta dun percorrido circular de case 6 km. A partida será ás 18.30 horas dende o campo de fútbol de Estás e onde se atopa o Forte dos Medos, unha fortificación construída en terra coma baluarte no século XVII e ligada ao complexo de fortificacións Goián-Cerveira. Trátase dunha ruta sinxela e con poucos desniveis.

Durante a ruta visitarase tamén “Estás na Auga”, así como os Muíños da Regueira e da Gandariña, que nos últimos anos foron obxecto de intervencións promovidas polas Comunidades de Montes de Tomiño e Estás, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-18. “Por último aproveitaremos a ocasión para visitar a Aula Ábdón Alonso da Fundación Peirópolis, nome que ven dado das minas de cal de Uberaba, onde se estableceu este emigrante cando marchou a Brasil” sinala a concelleira.

Para máis información sobre a ruta pódese consultar a ligazón: HYPERLINK

- Publicidade -spot_img