spot_img
InicioVal MiñorNigránDescobren en Nigrán un gran petroglifo non catalogado e descoñecido ata este...

Descobren en Nigrán un gran petroglifo non catalogado e descoñecido ata este ano

Descobren en Nigrán un gran petroglifo non catalogado e descoñecido ata este anoO gravado foi descuberto en Rotea polo presidente da Comunidade de Montes, Gerardo Ferreira, e analizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e Árbore Arqueloxía.

Revista COUSAS DE Nº15

O maior petróglifo de círculos concéntricos de Nigrán será desvelado para o gran público nas vindeiras semanas. O municipio ven de sumar ao seu de por si rico patrimonio arqueolóxico un novo achado: un gran gravado no monte de Verdiños (Barrio da Rotea), na parroquia de Camos, que estaba sen catalogar e do que  non se tiña constancia. O petrogifo foi descuberto este ano polo presidente da Comunidades de Montes de Camos, Gerardo Ferreira, e analizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e Árbore Arqueloxía. Agora será posto en valor polo Concello de Nigrán ao incluírse no proxecto para  limpar, restaurar, desbrozar, obter calcos dixitais 3D e sinalizar xunto a outros 7 si coñecidos de Chandebrito, Priegue, Panxón e Parada. Aí será cando o descubra o gran público.

O Concello o incluíu xa nos traballos do  de limpeza, restauración, desbroce, obtención de calcos dixitais 3D e sinalización xunto a outros 7 si catalogados de Chandebrito, Priegue, Panxón e Parada

O gran valor deste gravado é que consitúe xa o de maior tamaño de circunferencia en todo o municipio, con 1 metro de diámetro (o habitual son 30 ou 40 cm), superando así ao do Currelo (Priegue), o maior ata este novo achado. A maiores, contén un motivo aparentemente antropomórfico que se estudiará polo míudo para tratar de identificar. Ambos elementos datan da Idade de Bronce (2.500 a.C.). Ademais, consta tamén de dous gravados cruciformes habituais da época medieval, cando deste xeito se trata de ‘cristianizar’ todo o que resulte aparentemente pagán, como sucedeu con moitos petroglifos ou castros. Actualmente a pedra de soporte atópase cuberta de piñeiros e vexetación, toxos, fentos e gramíneas que impiden delimitar as laxes con precisión, ademais está parcialmente cuberto de terra, liques, musgos e briofitas.

Trátase xa do gravado de círculos concéntricos coñecido máis grande do municipio, con 1 metro de diámetro, e data da Idade de Bronce. A maiores, contén dous elementos cruciformes ‘cristianizadores’ da época medieval e un motivo probablemente antropomórfico aínda sen identificar

“Foi unha sorpresa moi grande este achado e, loxicamente, queremos preservalo e sinalizalo para que forme parte da riqueza patrimonial de Camos e, por ende, de todo o municipio, por iso arrancamos xa co proceso de catalogación oficial”, indica o alcalde, Juan González. “Despois da época medieval debeu ir quedando a poboación da zona sen testemuña do mesmo e non se atopou ata agora pola gran inclinación da rocha e a posición do mesmo”, razoan desde Árbore.

O Concello porá en valor este de Verdiños/Rotea (único non catalogado) o de Chan de Rapadouro e Rabete (Chandebrito); Monte Eiró (Parada); Penisas Pequenas e do Duque (Panxón); Currelo e Outeiro Grande ou Requeixadas (Priegue). Todos eles están sen sinalizar (agás o do Monte Eiró, pero o panel se atopa en mol mai estado) e precisan da súa limpeza e restauración.

“Queremos amosar a riqueza arqueolóxica que ten Nigrán ao tempo que preservamos os xacementos. Ademais, os 8 sumaranse as rutas de sendeirismo que establecemos no 2018 ampliando así as posibilidades turísticas do municipio e dándolle un pulo non estacional”, sinala o alcalde.

Concretamente, o proxecto consistirá na limpeza e acondicionamento destes elementos (a día de hoxe cubertos de vexetación e os soportes con bastantes liques e musgo), rexistro fotogramétrico dos mesmos e calco dixital 3D e, finalmente, sinalización específica que os integre a todos dentro dun mesmo percorrido a través dun código QR de localización, con sinalización adicional de frechas direccionais desde as estradas máis próximas. “Obviamente, nos paneis informativos aproveitaremos para divulgar outros elementos patrimoniais de interese próximos, como podería ser a mámoa das Requeixas en Priegue”, subliña o rexedor.

- Publicidade -spot_img