spot_img
InicioVal MiñorGondomar“Descobre Gondomar, paso a paso”, organiza unha andaina por Peitieiros

“Descobre Gondomar, paso a paso”, organiza unha andaina por Peitieiros

Foto//wikipedia

O Concello de Gondomar prepara a unha nova andaina dentro do programa “Descobre Gondomar, paso a paso”, promovido a través da concellería de Turismo.

O vindeiro sábado 20 de novembro será a quenda para coñecer os encantos da parroquia de Peitieiros. Un percorrido de 6 km, cunha duración aproximada de 2 horas e media, que nos levará a descubrir sitios con trazados de monte e asfalto que non deixarán indiferente aos camiñantes.

O percorrido, coordinado coas diferentes entidades sociais e culturais de Peitieiros, será de dificultade baixa e apta para todos o públicos. Non será necesaria a inscrición previa e quen se some a realizar este roteiro só ten que presentarse ás 15:45 horas no punto de encontró que será o Adro da Igrexa de San Miguel, con roupa e calzado cómodo apto para a andaina.

Igrexa de San Miguel

Reconstruída posiblemente no século XVIII sobre outra de orixe románica datada no século XII. Conserva a portada románica na fachada principal

Unha vez finalizado o roteiro, voltaremos ao punto de partida onde haberá avituallamiento para todos/as os/as participantes, e a continuación, poderán gozar da actuación dos grupos Ecos e Agarimos e Canto tradicional do CCV Peitieiros, como peche da xornada.
Gondomar

- Publicidade -spot_img