Inicio Pontevedra O Salnés A Deputación de Pontevedra pon en marcha en Cambados as “Visitas singulares...

A Deputación de Pontevedra pon en marcha en Cambados as “Visitas singulares Rías Baixas: Cemiterios históricos”

deputacion-pontevedra-pon-marcha-cambados-as-visitas-singulares-rias-baixas-cemiterios-historicosA Deputación de Pontevedra pon en marcha este próximo sábado en Cambados o programa de difusión e promoción “Visitas singulares Rías Baixas: Cemiterios históricos”, que ten por obxectivo desestacionalizar o turismo na provincia ofrecendo alternativas, que se afasten dos estereotipos e nos permitan amosar toda a realidade e potencialidade das Rías Baixas.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, asistirán ao evento a partires das 18.30 horas, coa visita ao cemiterio de Santa María de Dozo, cun percorrido, guiado, gratuíto e aberto a todas as persoas interesadas. A visita permitirá coñecer este recinto, declarado Monumento Histórico Artístico desde 1943 e incluído na Asociación de Cemiterios Singulares de Europa, que conta no seu interior coas ruínas dun antigo templo do século XV de estilo “gótico mariñeiro” no que se poden contemplar os seus arcos e esculturas con representacións de escenas bíblicas.

deputacion-pontevedra-pon-marcha-cambados-as-visitas-singulares-rias-baixas-cemiterios-historicosA visita guiada, as 18.30, e o concerto, as 20.00 no auditorio municipal da vila, son de xeito gratuíto e aberto para todas as persoas interesadas

Ao remate da visita, ás 20.00 horas, terá lugar o concerto “Claves líricas” do grupo Cómplices, tamén gratuíto e aberto a todas as persoas. Este espectáculo, de una hora e media, desenvolverase no Auditorio de Cambados e consiste nunha sembranza musical e poética de Valle Inclán, froito dun proceso que durou dous anos durante os cales Teo Cardalda, coa colaboración de Javier del Valle Inclán (un dos netos do escritor), musicou once poemas do autor. Ao respecto, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que seleccionouse Cambados para a celebración deste concerto porque no Cemiterio de Santa Mariña de Dozo está enterrada a nai e tamén un dos fillos de Valle Inclán.

As “Visitas singulares Rías Baixas: cemiterios históricos” incluirá difusión e promoción doutros espazos similares na provincia como o Cemiterio dos Ingleses de Vilagarcía de Arousa, o de San Mauro en Pontevedra, o cemiterio de Pereiró en Vigo, o cemiterio dos Eidos en Redondela e o de Arcos de Furcos en Cuntis.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies