Inicio Pontevedra Constituído o xurado dos primeiros “Premios Provinciais á Xuventude”

Constituído o xurado dos primeiros “Premios Provinciais á Xuventude”

constituido-xurado-dos-primeiros-premios-provinciais-xuventudeA Deputación de Pontevedra constituíu durante a mañá deste venres o xurado que fallará durante a segunda quincena de novembro os gañadores dos “Premios Provinciais á Xuventude”, dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos.

Os premios están dotados con 21.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra.

Nas categorías de traballo literario breve, traballo musical, fotografía e blogs haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 € e un terceiro de 500 €. Para as iniciativas sociais e empresariais e para os traballos de educación en valores establecéronse primeiros premios de 2.000 € e segundos premios de 1.000 €.

A convocatoria conta con sete categorías, cada unha delas con 3.000 € entre primeiros, segundos e terceiros premios e serán fallados na última quincena de novembro

Para a categoría de iniciativa social o xurado está composto por Digna Rivas, deputada de Cohesión Social e Xuventude, como presidenta do xurado, e como vocais Sandra Vázquez Vázquez, xefa de sección do servizo de Cohesión Social e Xuventude; Guillermo Vergara Muñoz, vicepresidente da Fundación Paideia, e Víctor González Meizoso, xerente do Colexio Profesional de Traballadores Sociais. En canto á iniciativa empresarial, compoñen o xurado Javier Dios, deputado de Innovación e Promoción Económica, e Begoña Estévez Bernárdez, xefa do servizo de Cohesión Social e Xuventud; Pablo Fernández López, presidente de AJE Pontevedra, e Ignacio Virel, xefe de proxectos SmartPeme, como vocais.

Na categoría de blogs o xurado está composto por Ana Costas, directora de comunicación da Deputación de Pontevedra, como presidenta, e como vocais Begoña Estévez Bernárdez, xefa do servizo de Cohesión Social; Alberto Rivas Álvarez, membro da Asociación Galega de Blogueiros, e Rebeca Domínguez, xefa de sección de comunicación institucional. Pola súa banda, para a categoría de educación en valores compoñen o xurado Juan González, deputado de Cooperación, como presidente, e Sandra Vázquez Vázquez, xefa de sección do servizo de Cohesión Social e Xuventude; Mónica Viqueira Martínez, delegada territorial de Educo Galicia, e José Manuel Suárez, presidente da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia, como vocais.

Na selección dos premiados na categoría de traballo musical o xurado está composto por Santos Héctor, deputado de Promoción Turística, Fomento de Industrias Turísticas e Artesanía e Turismo Rías Baixas, como presidente, e como vocais, Begoña Estévez Bernárdez, xefa do servizo de Cohesión Social e Xuventud; José Pérez Arias, vicedirector do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, e Susana Laya Fernández, co-directora do Atlantic Fest. En canto ao traballo literario breve o xurado o conforman Xosé Leal, deputado de Cultura, Lingua e Patrimonio, como presidente, e Sandra Vázquez Vázquez, xefa de sección do servizo de Cohesión Social e Xuventude; Elena Gallego Abad, escritora e xornalista, e Francisco Castro Veloso, director da Editorial Galaxia, como vocais.

Por último, na categoría de fotografía orixinal, o xurado está composto por Montse Magallanes, deputada de Emprego, como presidenta e como vocais Begoña Estévez Bernárdez, xefa do servizo de Cohesión Social e Xuventud; Xulio Gil, fotógrafo, e Susana Cendán Caaveiro, vicedecana de organización académica da facultade de Belas Artes.

Nos xurados de todas as categorías o secretario é Carlos Cuadrado Romay, secretario xeral da Deputación de Pontevedra.

Durante o prazo de presentación de candidaturas a Deputación de Pontevedra recibiu preto de 100 traballos dos mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos. Deste xeito, optan ao premio un total de 29 propostas para fotografía, 24 traballos literarios breves ou 15 gravacións musicais, 12 propostas na categoría de blogs, outras 6 na de iniciativa empresarial, 3 proxectos de educación en valores e, 2 proxectos de iniciativa social.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies