A edición deste ano do programa “Degusta Europoas” está ligada á campaña de turismo da Deputación, “Orixe”, polo que fai unha homenaxe a gastronomía das avoas e das nais
A Praza de Abastos de Baiona acollerá este mércores a presentación da cuarta edición do programa Degusta Europa, impulsado pola Deputación de Pontevedra.
Esta iniciativa gastronómica, que permite levar a vangarda e a innovación na cociña aos mercados de abastos, celebrarase desde as 11:00 horas e ofrecerá tapas gratuítas a todos os asistentes.
Máis aló do tapeo gratis, a iniciativa pretende promover e impulsar os mercados, potenciando a enogastronomía e outorgándolles un toque de innovación grazas aos produtos de excelencia e proximidade.
No caso de Baiona, serán os alumnos do alumnado de CIFP Manuel Antonio os que traballen con produtos das nosas rías e das nosas terras para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.
O obxectivo de “Degusta Europa” é “consegue ligar produtos do mar e da terra e empregar produtos da nosa costa ou do noso interior que cada vez teñen máis demanda, como é o caso das mazás”.