spot_img
InicioVal MiñorNigránA VII Carreira Nocturna S4 Concello de Nigrán batirá o seu record...

A VII Carreira Nocturna S4 Concello de Nigrán batirá o seu record de paticipación

A VII Carreira Nocturna S4 Concello de Nigrán batirá o seu record de paticipA prova viase celebrar o sábado 7 de Maio, contando coa séxtuple piragüista Olímpica Teresa Portela, coma flamante madriña.

Revista COUSAS DE Nº17

Ca famosa Praia América coma espectacular fondo, tivo lugar a 13.00 horas a presentación da VII Carreira Nocturna Nigrán S4 prevista para o sábado 7 de Maio no Concello de Nigrán

No acto estiveron presentes o director deportivo da prova, Serafín Martínez, de Noko 360; o impulsor desta carreira, Daniel Panteón, delegado de S4 no Val Miñor; o Ceo do Grupo S4 Corredoría de Seguros, Alfredo Blanco, así coma o Alcalde de Nigrán, Juan González.

Daniel Panteón, lembraba o inicio de este evento no ano 2013, xa que “por esa época eu empezaba a correr e dinme conta de que en Nigrán, a miña vila, non había ningunha prova”. Falei co Concello e déronme o seu total apoio”. “A partir da segunda edición e grazas a colaboración de Serafín, comezamos a crecer ata chegar a este 2023 no que esperamos bater record de participación”.

O propio Serafín Martínez, lembraba o percorrido, con “ gran participación dos máis xóvenes”  e o atractivo que ten por “levarse a cabo nun circuíto tan bonito a beira de Praia América”. “Coma en anos anteriores, para os adultos, contaremos con 5 e 10 kilómetros”

“O Grupo S4, é unha empresa galega, por iso queremos formar parte das actividades que se celebran na nosa Comunidade, salientaba Alfredo Blanco, Ceo, de S4, patrocinador privado dende hai dous anos.

“O deporte, os nenos, e as familias están sempre moi presentes nas accións que levamos a cabo, seguiremos a apostar por eles”, resaltaba.

O Grupo S4, xunto ca empresa local Dacss Surf, levarán a cabo un bautismo de surf para os nen@s que o desexen, estando as prazas limitadas a 80.

Alcalde nigranés, Juan González, participante habitual nesta carreira, dicía que grazas a o traballo de todos, A Nocturna de Nigrán”, era xa “un referente nas carreiras populares”. Congratulábase da cantidade de xente que se achegaba a Nigrán, “ nunha data fora do calendario de verán, o que supón un orgullo”. Resaltaba, coma non, a paisaxe que se podía ver durante o percorrido, “inda que cando se sofre tanto coma eu, as veces non o apreciamos ”

Finalizaba afirmando: “ o 7 de Maio será unha data feliz, e iso e culpa de tanta xente implicada”.

Destacar a presenza de Teresa Portela, a piragüista de Cangas, embaixadora do Grupo S4, que amáis de ser madriña do evento, interactuará durante a tarde con máis pequenos.

Lembrar que a xornada deportiva,  dará inicio as 20.30 horas cas distintas carreiras para os máis xóvenes .

Xa as 21.30 horas, turno para os adultos con esas distancias de 5 e 10 km respectivamente . As inscricións estarán abertas ata a noite do mércores 3 de Maio en www.nocturnanigrans4.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.