spot_img
InicioAlto MinhoDe fortaleza en fortaleza

De fortaleza en fortaleza

Regresa a Feira dos Santos de Cerdal en ValençaO sábado 26 de marzo o club Andatui realizará a actividade De fortaleza en fortaleza, un evento de ocio onde mesturará sendeirismo con turismo histórico, visitando catro fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa e situadas no tramo final do río Miño.

Nesta ruta, duns 22 quilómetros, visitaremos catro cidades amuralladas (Valença, Tui, Salvaterra de Miño e Monçao) que conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polo río Miño.

A saída é desde a Porta do Sol de Valença para rodear a fortaleza onde un guía falará da súa historia. A continuación, e seguindo o Camiño Portugués a Compostela, o camiño levará ata a praza da Catedral de Tui onde outro guía explicará a súa historia. Finalizada a explicación o caniño levará aos participantes polo sendeiro que vai ao carón do río Miño ata o parque de A Canuda, en Salvaterra de Miño, onde está previsto xantar.

Salvaterra distinguida con tres Flores de Honra do programa Vilas en FlorPola tarde etá prevista unha visita guiada a fortaleza de Salvaterra de Miño, rematada esta visita seguirán o camiño ata a fortaleza de Monçao onde tamén recibirás explicacións da súa historia. Ao finalizar esta visita collerán os buses que os levarán ata o punto de partida en Valença.

Xa está na páxina www.andatui.es toda a información e o formulario de inscrición.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.