spot_img
InicioVal MiñorBaionaCunchas de bronce marcarán o paso da ruta Xacobeo polo casco histórico...

Cunchas de bronce marcarán o paso da ruta Xacobeo polo casco histórico de Baiona

cunchas-bronce-marcaran-paso-da-ruta-xacobeo-polo-casco-historico-baiona
O alcalde Ángel Rodal e o concelleiro José Ángel Bahamonde, cunha das cunchas de bronce

O Concello de Baiona xa dispón das cunchas de bronce que marcarán o paso do Camiño pola Costa no seu Casco Histórico. Un total de 16 pezas serán instaladas nos vindeiros días para reforzar a pegada da Ruta Xacobea na zona vella da Real Vila.

Turismo de Galicia enviou xa ao Concello de Baiona as cunchas de bronce que guiarán aos peregrinos ao seu paso polo municipio, dende a súa entrada pola parroquia de Baredo ata a saída por Sabarís.

“Trátase dunha nova iniciativa para por en valor o Camiño pola Costa, xa que temos case dez quilómetros da ruta. Para nos é moi importante que estea recoñecida a ruta de peregrinación porque a nosa vila ten moito patrimonio cultural que amosar aos camiñantes”, explicou o alcalde, Ángel Rodal.

As figuras colocaranse de forma inmediata e veñen a reforzar a sinalización que durante os últimos meses estase a colocar en Baiona para guiar aos peregrinos.

O pasado mes de marzo xa comezou a instalación das nove mouteiras, unha cada quilómetro, que marcan o Camiño. Ademais, tamén coa colaboración con Turismo de Galicia, haberá outros elementos indicativos, como placas de cerámica.

En abril, a Concellería de Turismo levou a cabo a instalación da nova sinalización da ruta Xacobea dende a recentemente inaugurada Oficina de Turismo. Ante o incremento de peregrinos e co obxectivo de ofrecer maior información aos camiñantes, as novas dependencias municipais situadas na rúa Arquitecto Jesús Valverde ampliaron tamén o seu horario de atención aos visitantes e pasa a estar aberta entre as 10:00 e as 14 horas e entre as 16:00 e as 20:00 horas (o horario de verán será de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas).

Balance do 2016

Ao longo do ano 2016, o número de peregrinos que visitaron a Oficina de Turismo foi de 1.640, dos que 405 procedían do  territorio nacional e 1.235 foron estranxeiros (75% do total). Respecto a anos anteriores, rexistrouse un incremento do 47,9% sobre 2015. O Camiño de Santiago non pasa exactamente polo punto no que se atopa a oficina, polo que os datos obtidos a través das sondaxes realizadas, son só unha parte das cifras totais.

No balance global, a Oficina de Turismo de Baiona rexistrou o ano pasado un importante aumento de visitas despois de dous anos nos que a cifra descendera sensiblemente. Un total de 115.734 persoas pasaron en 2016 polas instalacións municipais do Paseo da Ribeira para solicitar información na súa visita á Real Vila, superando as cifras dos tres anos anteriores: 2013 (107.280), 2014 (106.862) e 2015

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.