Inicio Galicia Compostela A Xunta avoga pola investigación e a especialización nos coidados para facer...

A Xunta avoga pola investigación e a especialización nos coidados para facer fronte á enfermidade do Alzhéimer

xunta-avoga-pola-investigacion-e-especializacion-nos-coidados-facer-fronte-enfermidade-do-alzheimerO responsable da área social do Goberno galego fixo mención a dous novos proxectos europeos de cooperación interterritorial co norte de Portugal: o ‘Nutriage’ e o ‘Red-May’, que permitirán a mellora dos menús nos centros de día e residencias de maiores, así como o reforzo da rede de apoio sociocomunitario das persoas de avanzada idade que viven no rural

Na súa intervención, o conselleiro destacou os contidos desta xornada na que se abordaron cuestións nas que tamén está a actuar o Goberno galego, como a incidencia da alimentación no envellecemento e na aparición de demencias neurodexenerativas ou as liñas de traballo e as perspectivas de futuro na atención ás persoas maiores.

Ao respecto, indicou que a Consellería de Política Social vén de recibir fondos europeos para o desenvolvemento de dous proxectos de cooperación interterritorial coa rexión norte de Portugal. Estas accións permitirán a mellora dos menús dos centros de día, residencias e do programa Xantar na Casa; así como fortalecer a rede de apoio sociocomunitario ás persoas maiores de 55 anos que residen en municipios de carácter rural mediante, entre outras medidas, a posta en marcha de unidades móbiles de atención ao alzhéimer ou o fomento do fogar dixital para avanzar no coidado nos propios domicilios a través de medios tecnolóxicos.

Rey Varela explicou que o que se procura con estas iniciativas é, por unha banda, “asegurar unha vellez saudable e activa tendo en conta un factor determinante neste obxectivo como é ter unha alimentación sa e equilibrada, axustada aos parámetros da dieta atlántica”. E, por outra, “garantir a vida independente, activa e segura das persoas maiores que residen en contornas rurais”.

Así, o primeiro destes proxectos europeos denomínase ‘Nutriage’. Está centrado na mellora e adaptación da alimentación das persoas de avanzada idade ás súas necesidades e no mesmo están implicadas por parte de Galicia a Universidade e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, o Clúster Alimentario de Galicia e o Centro Tecnolóxico Anfaco-Cecopesca. Na segunda acción, que leva por nome ‘Red-May’, a Xunta ten como socio colaborador na comunidade á Universidade de Vigo.

Ademais, o titular de Política Social referiuse a ampliación da rede autonómica de prazas diúrnas e residencias, así como das unidades de atención terapéutica coa recente entrada en servizo doutras seis nos municipios de Santiago de Compostela, A Estrada, Marín, Tui, Ourense e As Nogais. Estes servizos de atención temperá ao alzhéimer súmanse ás que xa levan un tempo operativas nas cidades de Ferrol, Lugo, A Coruña, Vigo e Pontevedra. “Trátase de prestar unha atención máis próxima e de traballar na prevención e detección para retrasar, na medida do posible, os efectos desta doenza”, dixo.

Por último, Rey Varela destacou o traballo da federación de enfermos de alzhéimer e das entidades que a integran, e avogou por continuar co traballo conxunto e coordinado nos ámbitos da prevención, a investigación, a formación, a mellora dos servizos e a sensibilización social para “facer fronte a alzhéimer e impedir que esta patoloxía mergulle a existencia das persoas no silencio”, concluíu.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies