spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda“Cultivando ideas”: xornada de presentación das conclusións do programa Sementando o teu...

“Cultivando ideas”: xornada de presentación das conclusións do programa Sementando o teu futuro

cultivando-ideas-xornada-de-presentacion-das-conclusions-do-programa-sementando-o-teu-futuro

O día 19 de novembro as 11 da mañá, terá lugar na Casa dos Alonsos a xornada de presentación das experiencias de mellora persoal e profesional dos e das participantes que asistiron as distintas fases do programa de orientación persoal e asesoramento profesional, que o concello da Guarda desenvolve dende xullo de 2015.

Esta xornada, que leva o nome de “Cultivando ideas”, será ademais a que marque o final dunha etapa e o comezo doutra, seguindo a liña sempre do desenvolvemento persoal, marca do proxecto pioneiro na Comarca. Proxecto co obxectivo fundamental de empoderar ás persoas para a procura de emprego, mellorar e potenciar as súas capacidades e valores.

Esta será unha xornada lúdica na que se pretende contar coa complicidade do público asistente e convidar así a todo o mundo que teña curiosidade e queira escoitar todo o que este grupo de participantes teñen preparado para a poboación da Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.