
A inauguración da xornada asistiu a Presidenta da Deputación, quen destacou a importancia de visibilizar o traballo das mulleres no mundo do mar
Carmela Silva, inaugurou hoxe a xornada “Bo uso e mal uso do mar: sustentabilidade en feminino”, organizada pola Facultade do Deporte da Universidade de Vigo, na que subliñou que o sector do mar en Galicia “fala con nome de muller” polo que é necesario “visibilizar o papel da muller neste sector”.
Carmela Silva recordou que todo o sector primario en Galicia as mulleres teñen un papel principal pero que non recoñecido. Destacou o papel da muller no sector conserveiro, nas fábricas de conxelado, as redeiras ou as mariscadoras, sobre as que están centradas a xornada, pero que sen embargo, apenas están representadas nos órganos de dirección.
A Presidenta tamén destacou a preocupación que teñen as mariscadoras por ter unha rendibilidade económica do seu traballo pero tamén de garantir a sustentabilidade do medio mariño como fonte de riqueza e de futuro. Precisamente , Silva considerou que a sustentabilidade debe estar no discurso e na axenda política.
A Presidenta estivo acompañada na presentación da xornada pola súa organizadora María M. Álvarez Lires. Profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais. Universidade de Vigo, por Francisco Díaz-Fierros, Vicepresidente do Consello da Cultura Galega e polo vicerreitor do campus de Pontevedra Juan Manuel Corbacho.
Por último, Carmela Silva mostrouse moi satisfeita pola asistencia as xornadas e agradeceu á Facultade este tipo de encontros xa que a Universidade, que é onde reside o coñecemento, ten que ser un transmisor a sociedade deste mesmo coñecemento.



