spot_img
InicioVal MiñorGondomarCuarenta establecementos participaron no I Concurso de Escaparates e Ambientación Concello de...

Cuarenta establecementos participaron no I Concurso de Escaparates e Ambientación Concello de Gondomar

Aprehendo e Ollomol gañadores do I Concurso de Escaparates e Ambientación de Gondomar.

Aprehendo e Ollomol gañadores do I Concurso de Escaparates e Ambientación de Gondomar.

O xurado da primeira edición do Concurso de Escaparates  e Ambientación de locais de nadal de Gondomar tras visitar os  case 40 establecementos participantes reuniuse o  pasado xoves para a toma de decisións.

Os gañadores son, na categoría de ambientación:  primeiro premio  para o local Aprehendo, do que o xurado quixo destacar a utilización de materiais de uso diario aplicándoos a novos contextos ademáis de valorar positivamente o uso do espazo do que dispoñían. O segundo premio de esta categoría é para Herboristería Bambú, por facer unha ambientación correcta e grazas o sentido da profundidade do que souberon dotar a sua decoración.  Por último o xurado premia co  terceiro galardón a decoración natural a base de productos do sector de Nancy Armijo Estilistas.

Os premiados na categoría de escaparatismo son, en primeiro lugar:  Ollomol pola organización, o uso de materiais naturais e a composición xeral do seu escaparate.  Auto Serviancar lévase o segundo premio do xurado por acadar o efecto desexado con poucos materiais e unha paleta de cores limitada. O terceiro premio é,  pola sua orixinalidade, sinseleza e movemento , para o escaparate de Expert Gondomar.

Os primeiros postos de cada categoría teñen por premio 300€,  mentras que os segundos e  terceiros recibirán un diploma que recoñece o valor das súas creacións de nadal.  Todos eles terán por premio a publicidade e promoción dos seus negocios nas redes sociais do Concello e na páxina Web durante o mes que eles escollan.

A organización do Concurso a cargo da Concellería de Comercio do Concello de Gondomar, dirixida por  Xosé Antón Arauxo,  quere felicitar a todolos gañadores e participantes. Invitando ademáis os gondomareños e visitantes que fagan as suas compras na vila condal, o mellor premio para tódolos participantes.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.