spot_img
InicioGaliciaCOUSAS DE #5 As pontes, testemuñas extraordinarias das relaccións entre pobos

COUSAS DE #5 As pontes, testemuñas extraordinarias das relaccións entre pobos

A nosa portada. A Ponte Internacional sobre o Miño é unha testemuña artística extraordinaria pero tamén un exemplo das relacións históricas entre Tui e Valença. Séculos de comunicación entre veciños superando obstáculos políticos e naturais.

AS PONTES

Ante un curso de auga que nos impide o paso, construímos pontes para atraversarlo. Construír pontes foi desde a antigüidade unha forma de unir espazos buscando a conexión entre lugares que estaban separados por correntes que dificultaban o tránsito, axudando á conexión entre estes espazos e facilitando a confluencia de pobos e culturas

Durante séculos, algúns ríos serviron como elemento de separación entre territorios veciños, de tal forma que chegaron a xurdir culturas disintas a ambos os dous lados dos ríos. A historia máis recente cóntanos que a auga dos ríos serviu como muralla ou fronteira que separaba e illaba a unhas persoas doutras. Na actualidade, as pontes fixéronse tan habituais e cotiáns onde se necesitan que se converteron en elementos que pasan desapercibidos, volvéndose case invisibles ás nosas miradas.
1
Cruzar algún das pontes que nos unen cos nosos veciños portugueses, camiñando, en calquera vehículo ou circulando baixo él, é algo que realizamos de forma rutineira alí onde os hai e á que non lle prestamos atención. Hoxe o estado de alarma causado polo coronavirus, fai que levar adiante esta costume, sexa algo totalmente imposible.
As pontes convertéronse así, tamén en protagonistas e a eles reservámoslles unha parte importante no noso próximo número trimestral, o número 5, onde tamén atoparás artigos e reportaxes do puño de Suso Vila, Judit Bernárdez, Rosana Calvo ou Manu Sobrino, entre outras firmas habituais de COUSAS DE.
1
NESTE NÚMERO FALAMOS DE:
1
María Vinyals, a primeira camelia “con nome de muller” no xardín do castelo de Soutomaior
De Nigran a Tui en autocaravana e pola costa
Terras Gauda celebra o 30 aniversario da súa primeira colleita afianzada na diferenciación dos seus viños
Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño
María Vinyals, Unha escritora e feminista nacida no castelo de Soutomaior
A píllara das dunas, unha especie vulnerable no esteiro do Miño
O arquivador do Corrixidor: Unha peza única do século XVII no Museo Casa de Navegación de Baiona
A Ponte internacional de Tui: 134 anos unindo a fronteira
Río Landres, a senda de Salceda que olla cara América
Da Man: Unha asociación que vota máis que unha man en Senegal
Medio século da clase Optimist en Galicia
Confiamos en que a partir da próxima semana podamos informar con detalle dos puntos onde poder conseguir COUSAS DE en formato papel.
# XuntosOConseguiremos
Aquí adiantámosvos algunhas das páxinas que atoparedes neste número:
COUSAS DE #5 As pontes, testemuñas extraordinarias das relaccións entre pobosCOUSAS DE #5 As pontes, testemuñas extraordinarias das relaccións entre pobosCOUSAS DE #5 As pontes, testemuñas extraordinarias das relaccións entre pobos
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.