Inicio Val Miñor Nigrán A Coral Stella Maris e o Concello de Nigrán ofrecen un concerto-homenaxe...

A Coral Stella Maris e o Concello de Nigrán ofrecen un concerto-homenaxe a Pablo Milanés

coral-stella-maris-e-concello-nigran-ofrecen-concerto-homenaxe-pablo-milanesA Coral de Priegue Stella Maris e o Concello de Nigrán ofrecen este sábado dende as 22.00 horas no campo de fútbol de Lourido (Praia América) un concerto-homenaxe a Pablo Milanés que contará coa participación deste  cantautor cubano de fama internacional.

Será a única oportunidade de desfrutar dun dos máximos exponentes da nova troba cubana en Galicia este ano e, ademáis, a entrada será de balde. Patrocinado por GENERALI España, o aforo previsto é de 4.000 persoas e avanzan unha gran sorpresa para todos os asistentes.

O concerto terá lugar sobre un gran escenario ao pé de Praia América-Lourido (no campo de fútbol) e contará con pantallas xigantes, 200.000 watts de iluminación e 60.000 de son. Será o quinto dos espectáculos homenaxe  que a coral Stella Maris ofrece cada verán, contando na última edición coa intervención de Moncho Borrajo e nesta con Pablo Milanés, que aceptou tras escribirlle unha carta solicitando a súa presencia para o evento. Esta sí será a primeira ocasión en que deixen as instalacións do centro cultural O Torreiro de Priegue (ao que están vinculados), xa que dada a proxección internacional do invitado precisábase dun gran espazo. “As dimensións do evento íansenos das mans”, sinalan o presidente do grupo vocal, Juan José Sío; a directora, María Dores Presas; e Javier Cora, un dos seus integrantes. A xornada empezará xa de mañá, con actividades para todos os públicos. “Desde as 12.00, teremos unha master class de zumba, food trucks -vehículos gastronómicos- e todo tipo de actos para o público infantil. Será un día para lembrar”, avanzan.

Coral Stella Maris

A coral Stella Maris foi fundada en 1978 como coro parroquial por Fernando Salgueiro García, avó da actual directora, María Dores Presas, que tomou as rendas ao redor de 1993, cando se refundou co nome actual. Dominan o xénero litúrxico e combinan diferentes estilos e instrumentos, dende o rock ata salsa ou ópera, e por suposto interpretan algúns dos temas máis señeiros de Pablo Milanés. Actualmente son un referente da música coral na comarca.

 

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies