spot_img
InicioVigo e áreaVigoCONXEMAR e Zona Franca de Vigo presentan o cuarto Informe Sectorial da...

CONXEMAR e Zona Franca de Vigo presentan o cuarto Informe Sectorial da Industria e Comercialización de Produtos Pesqueiros

CONXEMAR e Zona Franca de Vigo presentan o cuarto Informe Sectorial da Industria e Comercialización de Produtos PesqueirosCONXEMAR e Zona Franca de Vigo presentan o cuarto Informe Sectorial da Industria e Comercialización de Produtos Pesqueiros, elaborado conxuntamente pola Asociación e o servizo de información empresarial da Zona Franca, ARDÁN

O delegado David Regades e o presidente de Conxemar, José Luís Freire presentaron o informe do sector do conxelado de produtos do mar, que destaca que, no seu conxunto, as empresas do sector xeraron en 2018 un valor engadido bruto de 1.614 millóns de euros fronte aos 1.549 millóns creados en 2017 por esas mesmas empresas. Os asociados de Conxemar son responsables do 55,63% da riqueza xerada polo sector en 2018.

Este informe, que se elaborou por cuarto ano consecutivo, inclúe os datos do último ano fiscal dispoñible (2018) e reflicte que son 652 empresas as que conforman a industria e comercialización en España (conxelado e conserva) empresas que facturaron conxuntamente 15.148 millóns de euros e xeraron 31.197 empregos directos. Este documento recolle a realidade do sector en España a través dos datos que o servizo de información empresarial do Consorcio, Ardán, procesou minuciosamente e no que se pon de manifesto a potencialidade dun sector que representa un dos principais soportes. Como destacou Regades “en Galicia o sector achegou en 2018 de 2,6% o de todo o valor engadido bruto creado polo tecido empresarial galego e particularmente, na comarca de Vigo os socios de Conxemar facturan o 15%, crean o 7% do valor engadido bruto e ademais representan tres de cada cen postos de traballo da área.” Ademais, destacou que “un de cada 5 euros de riqueza do sector do Conxelado en España xérase na comarca de Vigo”.

Peso do produto do mar conxelado

O produto conxelado ten un peso moi relevante no sector industrial e comercializador de produtos pesqueiros en España. En 2018, alcanzou unha facturación de 11.405 millóns de euros e 20.069 empregos directos, mentres que o sector conserveiro facturou 3.743 millóns de euros e deu emprego directo a 11.128 traballadores.

Ademais, a creación de valor engadido bruto en 2018 alcanzou os 1.099 millóns de euros fronte aos 1.084 de 2017. As empresas de Conxemar xeraron o 72,1% da riqueza.

A Asociación CONXEMAR en cifras

As 244 empresas que forman parte de CONXEMAR alcanzaron unha facturación conxunta de 9.306,5 millóns de euros en 2018, o que representa o 61,4% da facturación total do sector industrial e comercializador en España, e 16.026 empregos (51,4% do total).

O Resultado de Explotación das empresas asociadas a Conxemar supera en 2,5 veces á media do sector.

As empresas industriais representaron o 65,5% da facturación e o 78% do emprego da Asociación. Se as cifras da Asociación se extrapolan unicamente ao sector do conxelado, as súas empresas representan unha porcentaxe do 76% sobre a facturación total en España e un 71% do emprego directo. O sector industrial e comercializador por Comunidades Autónomas

O estudo pon de manifesto datos moi reveladores en canto ao papel preponderante de Galicia dentro da actividade nacional con 229 empresas (o 60% industriais e o 40% comerciais), 7.737 millóns de euros de facturación conxunta e 13.179 empregos directos. Séguelle Valencia, Andalucía e Cataluña. Galicia tamén lidera o sector do conxelado, con 157 empresas (o 38,7% do total de España), 5.147 millóns de euros de facturación (45% do total) e 6.828 empregos (34% do total).

David Regades e José Luís Freire coincidiron en que este traballo, realizado conxuntamente pola Asociación e o Consorcio pon de relevancia a importancia das actividades en Galicia ao redor da pesca, e concretamente aquelas dedicadas ao procesado e comercialización de conservas e produtos conxelados de peixe. Grazas aos datos que ARDÁN manexa por empresa pódese contextualizar a actividade dentro da economía e realizar un diagnóstico preciso da importancia e evolución deste sector tan concreto, concluíron.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.