spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaConstituída a Comisión do Irmanamento entre o Concello da Guarda e a...

Constituída a Comisión do Irmanamento entre o Concello da Guarda e a Câmara de Póvoa de Varzim

Constituída a Comisión do Irmanamento entre o Concello da Guarda e a Câmara de Póvoa de VarzimO pasado venres  10 de xuño, quedou constituída a Comisión de Irmanamento entre o concello da Guarda e a Cámara de Póvoa de Varzim.

Revista COUSAS DE Nº13

Esta comisión está integrada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba,  un representante de cada un dos grupos municipais e un representante da asociación O Piueiro, Tomás Núñez González.

A Comisión de Irmanamento acordou autorizar ao Alcalde da Guarda na sinatura da “Minuta de Acordo de Germinaçao” que terá lugar o próximo 29 de xuño en Póvoa de Varzim.

Este Irmanamento comezou a súa andadura no 2020, cunha proposta da asociación O Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente so equipo de goberno da Guarda se puxo en contacto con representantes  da Cámara de Póvoa de varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de Irmanamento pero debido  á pandemia do Covid houbo que retrasar  a súa celebración ata o 2022.

Os actos centrais en Póvoa terán lugar o 29 e 30 de xuño, e na Guarda se farán coincidir coa celebración da romería de Sta. Trega o 23 de setembro e a celebración dun Pleno Extraordinario o 24 de mesmo mes.

A relevancia deste Irmanamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos,  incrementar  as relacións culturais, fomentar  un turismo  mutuo entre os cidadáns  de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables  da xestión  municipal  coa finalidade de  propiciar o intercambio  de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.

- Publicidade -spot_img