Inicio Baixo Miño 'Concerto de Outono' da Agrupación Musical do Rosal para celebrar o 15º...

‘Concerto de Outono’ da Agrupación Musical do Rosal para celebrar o 15º Aniversario da súa coral

'Concerto de Outono' da Agrupación Musical do Rosal para celebrar o 15º Aniversario da súa coral Dende a Agrupación Musical do Rosal queren convídannos o Concerto de Outono que terá lugar vindeiro domingo 17 de novembro, ás 18:00 h. no Auditorio do Rosal, con motivo do 15º Aniversario da nosa coral.

O acto estará presentado por Jose Pérez Enríquez e participarán:

Grupo Do Lusco o Fusco (A Guarda), que desenrola unha gran labor no ámbito do folclore galego, e organiza anualmente o Encontro dos pobos, onde se dan cita grupos de todo o mundo.

Agrupación Coral de Lores (Meaño) unha das corais que máis destacan na actualidade na nosa provincia e que ven de acadar este ano o 2º posto no Certame de Corais de Arbo.

Coral da Agrupación Musical do Rosal, a coral anfititroa, que baixo a dirección de Toñi Santos, directora dende os comezos da coral, ofrecerán o público unha escolma das mellores pezas do repertorio de todos estes anos.

A entrada será de balde ata completar aforo e abriranse as portas o público ás 17:15 horas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies