spot_img
InicioBaixo MiñoConcentración en Tui da Selección Española Feminina de Kaiak Polo

Concentración en Tui da Selección Española Feminina de Kaiak Polo

Concentración en Tui da Selección Española Feminina de Kaiak PoloEsta  fin de semana Tui será sede da concentración da selección nacional feminina de Kaiak Polo. O equipo nacional preparará na cidade o Campionato de Europa que se disputará en Catania (Sicilia-Italia), do 3 ao 10 de outubro.

A Selección Española Feminina de Kaiak Polo que se vai concentrar en Tui estará conformada por 11 deportistas, entre as que estarán tres padeeiras do Club Piragüismo Penedo Te Importa, Eva Ara, Ainhoa Castro e Laura Fernández e un adestrador.

Tres deportistas do Club Piragüismo Penedo Te Importa forman parte do equipo nacional

O Centro Especializado en Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo e a lagoa de Caldelas, serán as instalacións a utilizar polas deportistas para os adestramentos. A presenza da Selección Española Feminina de Kaiak Polo na cidade confirma a Tui, como sede de concentracións de equipos nacionais, tras a estancia da Selección Uruguaia de Remo, que preparou aquí os Xogos Olímpicos de Toquio.

As deportistas concentradas serán:

  • Nuria Cañas Fernández, Valencia
  • Mar Andreu García, Valencia
  • Yolanda Hermida Gómez, Ferrol
  • Almudena Sanz Madera, Madrid
  • Regina del Pilar Calvo López, Madrid
  • Ainhoa Castro Campos, Penedo
  • Eva Ara Giráldez, Penedo
  • Laura Fernández Suárez, Penedo
  • Beatriz Carmona Quevedo, Murcia
  • Laura Bueno, Murcia
  • Lidia Romeu Solaz, Picassent (Castellón)
  • Eduardo Pérez Peña, Burriana (Castellón) – Seleccionador Nacional
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.