Inicio Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tomiño oferta para este verán 700 prazas nunha...

O Concello de Tomiño oferta para este verán 700 prazas nunha decena de actividades de ocio e deporte

concello-tomino-oferta-este-veran-700-prazas-nunha-decena-actividades-ocio-e-deporteAo Campus de Fútbol súmanse os de tenis e pádel; cursos de pilates en familia, piragüismo, e campamentos urbano e musical.

Arredor de 700 prazas oferta este verán o Concello de Tomiño dentro da súa programación deportiva e de ocio. Oferta que inclúe unha decena de actividades, coma o xa tradicional Campus de Fútbol, ao que se suman os de tenis e pádel; cursos de pilates en familia, piragüismo, e dous campamentos: urbano e musical.

Hoxe foi presentado en rolda de prensa o programa de actividades na Casa do Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa, Sandra González, e os concelleiros de Deportes (Ismael Troncoso), Cultura (Cristina Martínez) e Mocidade (Fátima Rodríguez).

Na oportunidade, a alcaldesa salientou o número de prazas dispoñibles e a variedade das actividades, especialmente pensadas para a poboación infantil e as familias, co obxectivo de axudar a conciliar a vida laboral e familiar, ademais de ofrecer alternativas de ocio e deporte durante o receso escolar.

A concelleira de Cultura e Servizos Sociais, pola súa banda, salientou o esforzo organizativo e económico do Concello, aclarando que aínda que a maioría das actividades son de pago, “os prezos son moi axustados e nos casos de familias que non poidan abonar o custe das actividades, o propio Concello farase cargo do importe, previo informe dos Servizos Sociais”.

concello-tomino-oferta-este-veran-700-prazas-nunha-decena-actividades-ocio-e-deporteA maioría das actividades comezan no mes de xullo, estendéndose algunhas tamén ao de agosto, coma ocorre cos campus de tenis e pádel e as actividades creativas (de balde) da Aula-Museo Antonio Fernández, sita en Goián.

Entre as actividades deportivas, a primeira en comezar é o Curso de Promoción do Piragüismo, que se desenvolverá en Goián coa colaboración do Club Deportivo Miño “Os Teixugos”, entre o 27 de xuño e o 28 de xullo, con dous grupos de nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, que saiban nadar.

Durante o mes de xullo haberá ademais un Campamento Urbano (do 3 ao 28) nas instalación do colexio Pedro Caselles, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, con horario de luns a venres de 9 a 14 horas.

Tamén o Campus de Fútbol será, como vén sendo habitual, no mes de xullo (do 17 ao 28), de luns a venres, entre as 10 e as 13.30 horas. Para poder asistir a este campus, que se desenvolverá simultaneamente nos campos de fútbol da Carballa (Tomiño) e Regatiño (Goián), deberá terse entre 5 e 16 anos. Esta é a actividade máis multitudinaria, cunhas 140 prazas dispoñibles a un custe de 55 euros, que inclúen dúas equipaxes, merenda diaria e actividades complementarias, charlas de nutrición, arbitraxe, etc. durante dúas semanas.

Todos os sábados de xullo, de 10.30 a 11.30, impartira no Espazo Fortaleza de Goián un Curso de Pilates en Familia, unha das novidades desta edición. A partir dos 3 anos en adiante poderán participar e será de balde para os menores de 16.

Durante os meses de xullo e agosto impartiranse nas pistas do Mosteiro os xa tradicionais campus de tenis e pádel, luns, mércores e venres en tres quendas, e martes e xoves de 10.30 a 11.30, respectivamente. Dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.

Xa no mes de agosto, entre o 14 e o 25, celebrarase na Escola de Música e Auditorio de Goián o Campamento Musical para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Colabora a Agrupación Musical de Goián.

E por primeira vez a Aula-Museo Antonio Fernández (Goián) impartirá, actividades creativas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Os obradoiros, impartidos por Sara Quintana todos os venres de xullo e agosto, serán entre as 12 e as 13.15 horas, e terán relación cos artistas de Tomiño e Galicia.

O prazo de inscrición ábrese o día 15 de xuño para todas as actividades. Poderase realizar online, a través da páxina web do Concello (www.tomino.gal), ou ben, de forma presencial, no edificio de Servizos Sociais, Deporte e Cultura, sito no barrio da Rocha.

concello-tomino-oferta-este-veran-700-prazas-nunha-decena-actividades-ocio-e-deporteAclaración: na actividade de Pilates en Familia poden anotarse nenos e nenas a partir dos 3 anos (aínda que nos cartaces poña a partir dos 5 anos). Ademais, os nenos  nenas de 5 anos, que cumplan seis durante este ano, poden inscribirse nas actividades que poñen “a partir de seis anos”.

Asemade, os/as que cumplan cinco durante este ano, poden inscribirse nas actividades que poñen “a partir de cinco anos”.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies