spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaComezan os programas de promoción da saúde e prevención das condutas aditivas...

Comezan os programas de promoción da saúde e prevención das condutas aditivas no CEIP A Sangriña e no IES A Sangriña de A Guarda

comezan-os-programas-promocion-da-saude-e-prevencion-das-condutas-aditivas-no-ceip-sangrina-e-no-ies-sangrina-guardaA Asociación Érguete Baixo Miño informa que na segunda semana do mes de xaneiro, deron comezo os cursos de educación e promoción da saúde así como os de prevención das condutas aditivas no C.E.I.P e no I.E.S A Sangriña nos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria así como tamén en 1º, 3º e 4º da ESO no Concello de A Guarda.

Por unha banda, estanse a levar a cabo os programas de Intervención Socioeducativa na Aula e Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo?  os cales se atopan financiados pola subvención da Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias.

Nos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria traballamos as habilidades sociais e a autoestima, sen embargo, cos rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO fanse actividades sobre os riscos das drogas, así como actividades para que aprendan a xestionar as redes sociais. Trátanse dunhas idades moi vulnerables e de gran influencia para o seu desenvolvemento físico, psíquico e social.

Pola outra banda, o programa Perséfone Saúde que vai dirixido a 4º da ESO, atópase financiado pola subvención a cargo do IRPF 2017 (execución 2018).

Este programa ten como obxectivo mellorar as relacións interpersoais e afectivas dos xoves, incrementar o autocoñecemento persoal e a autoestima positiva, educar nas diferenzas de xénero, así como promover actitudes de prevención de enfermidades de transmisión sexual e condutas de anorexia e bulimia.

Estas accións están dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño, de maneira altruísta, ven ofrecendo desde hai varios anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozos e mozas aos que vai dirixido.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.