spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorComeza a vendimia no Castelo de Soutomaior

Comeza a vendimia no Castelo de Soutomaior

Comeza a vendimia no Castelo de SoutomaiorA Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída á vendimia nas catro hectáreas de viñedo do Castelo de Soutomaior.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe o inicio da vendima nas catro hectáreas de viñedo do Castelo de Soutomaior. Silva indicou que a previsión é que nesta vendima, “na que están a traballar unha ducia de persoas”, se colleiten arredor de 15.000 quilos de uva. Amais, a presidenta tamén animou ás persoas a que “cando visiten o castelo se pasen polos viñedos, porque ver a recollida da uva é algo marabilloso. No castelo de Soutomaior é coma un soño”.

Tal e como sinalou Carmela Silva, a Deputación de Pontevedra adxudicou este ano, de novo polo sistema de poxa pública, a colleita da uva do viñedo do Castelo de Soutomaior á adega Quinta das Eiras. A oferta presentada pola empresa foi de 1,15 euros (incluído IVE) por quilo de uva albariña e de 0,95 euros (tamén incluído IVE) para os outros tipos de uva.

O Castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe en día é patrimonio público, foi adquirido pola institución provincial no ano 1982 e os seus viñedos, que ocupan catro das 33 hectáreas de extensión do Castelo, datan do ano 1984.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.