spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA 15k do Atlántico 2019 contará tamén con teatro e unha ruta...

A 15k do Atlántico 2019 contará tamén con teatro e unha ruta cabalar

«A Paisaxe do Camiño Portugués da Costa» presente na 15k do Atlántico 2019O vindeiro 29 de setembroregresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira.

As inscricións para participar na 15k do Atlántico seguen abertas na web  www.bancomediolanum15kseries.com contando xa con máis de 200 inscritos na modalidade de carreira. As inscricións pechan o 25 de setembro.

A Carreira partirá como cada ano dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta.

Este ano contarase con actividades complementarias como una Ruta Cabalar que terá lugar o sábado 28 de setembro ás 17:00h e que percorrerá os municipios da Guarda, O Rosal e Oia con chourizada para os participantes ao remate. As inscricións para a Ruta Cabalar están abertas a un prezo simbólico de 5€ en www.multisportdacosta.com ou no teléfono 627 419 528.

Tamén contarase este ano cunha novidade, a representación teatral de “O veleno, ¿So ou con leite” a cargo do grupo oiense “Os Melhores do Ghrupo”, que terá lugar o domingo 29 de setembro ás 19:00h na esplanada do Mosteiro de Oia.

- Publicidade -spot_img