A lamprea en Arbo é toda unha tradición. Prepárana desde hai séculos e a que se captura a esta altura do Miño ten unha textura, unha cor e un sabor diferentes. De potente sabor, a lamprea é un manxar que non deixa indiferente a ninguén
O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, lémbranos que este ano, se as condicións sanitarias permíteno, celebraranse entre o 22 e o 24 de abril a sesenta e dúas edición da que é a pioneira das festas culinarias en Galicia, declarada ademais de Interese Turístico Nacional, onde na carpa de ‘ Arbomostra’, feira agroindustrial , poderán degustar durante estes tres días, a lamprea ao estilo ‘ arbense’ e a lamprea seca nas súas distintas formas de preparación, ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural e convídonos a pasar unha tranquila estancia en Arbo, relaxándose nunha das nosas encantadoras casas rurais tras un día de aventura, natureza, veu e boa gastronomía. Infórmanos que esta tempada, ata abril, os nosos restaurantes e casas rurais serven lamprea no menú e que os establecementos hostaleiros de Arbo son acolledores, accesibles, e conta con todos os servizos, estando consolidado pola súa traxectoria e bo facer ao longo dos anos pero, sobre todo, destaca a nosa hospitalidade e proximidade.
A mellor tempada para degustar a lamprea é de xaneiro a abril e o prato típico é “á arbense”, cociñada no seu propio sangue. E o mellor sitio para probala do mundo, son os restaurantes e casas de turismo rural de Arbo. Os seus cociñeiros e cociñeiras son creadores da receita que pasou de xeración en xeración ao longo da historia. Se non poden vir nestes primeiros meses do ano, non se preocupen, porque en Arbo poden probar a lamprea todo o ano. A partir da lamprea seca ofrecemos outras elaboracións. Por exemplo, rechea, guisada con fideos e tirabequees, frita, asada á brasa, en empanada…




