Inicio Galicia Ourense Coa entrega de oito novas embarcacións de salvamento a Xunta mellora os...

Coa entrega de oito novas embarcacións de salvamento a Xunta mellora os servizos de Protección Civil en concellos de Pontevedra e Ourense

coa-entrega-de-oito-novas-embarcacions-de-salvamento-a-xunta-mellora-os-servizos-de-proteccion-civil-en-concellos-de-pontevedra-e-ourense

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega onte en Combarro de oito embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate para os servizos de Protección Civil de outras tantas entidades locais de Pontevedra e Ourense.

Segundo destacou Alfonso Rueda, o equipamento entregado hoxe forma parte dun ambicioso plan de mellora dos medios materiais dos que dispón a Comunidade Autónoma de Galicia e que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias.

O acto contou tamén coa participación do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís e do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

En concreto hoxe entregáronse cinco embarcacións de catro metros de eslora aos concellos de Caldas de Reis, Poio, Redondela, Vilagarcía e á Mancomunidade do Val Miñor; e outras tres de cinco metros para A Guarda, Sanxenxo e Castrelo de Miño. Este material supón un investimento de máis de 88.000 euros.

coa-entrega-de-oito-novas-embarcacions-de-salvamento-a-xunta-mellora-os-servizos-de-proteccion-civil-en-concellos-de-pontevedra-e-ourense

A Xunta de Galicia leva destinados nos últimos meses máis de catro millóns de euros para reforzar con medios materiais as agrupacións de Protección Civil alí onde máis o necesitan. En total, foron entregados xa máis de 60 todoterreos, 40 furgóns, máis de medio cento de remolques e máis de 30 esparexedores de sal, entre outro material. A todo isto hai que sumar as 13 lanchas de salvamento entregadas o pasado mércores a concellos da Coruña e Lugo e as oito postas a disposición das entidades locais de Pontevedra e Ourense hoxe.

O vicepresidente subliñou que a aposta polo voluntariado e pola atención ás emerxencias do Goberno galego se complementa coa atención á seguridade, xa que tamén se dotou ás Policías Locais de Galicia con novo material, como os 28 coches e as 15 motocicletas que se entregaron nos pasados días aos axentes de varios concellos da Coruña e Lugo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies