Inicio Galicia A Feira Xantar de Ourense 'plataforma promocional dos produtos do mar de...

A Feira Xantar de Ourense ‘plataforma promocional dos produtos do mar de Galicia no panorama nacional e internacional’

a-feira-xantar-de-ourense-plataforma-promocional-dos-produtos-do-mar-de-galicia-no-panorama-nacional-e-internacional

A Consellería do Mar destaca a importancia da Feira Xantar de Ourense como plataforma promocional dos produtos do mar de Galicia no panorama nacional e internacional. Así o trasladou o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, que participou no día dedicado ao mar no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebra na cidade de Ourense desde o pasado mércores, 3 de febreiro, ata o domingo día 7.

Juan Maneiro felicitou aos promotores e organizadores do evento e salientou que a feira Xantar convértese nun escaparate no único salón internacional especializado na promoción gastronómica a través do turismo. Así, destacou que a nosa comunidade é a mellor tenda gourmet de España e que así o acreditan os nosos produtos do mar e da terra. Nesta liña, o director xeral sinalou que este é un privilexio que temos que coidar e fomentar, porque milleiros de familias desenvolven a súa actividade no complexo Mar-Industria.

Finalmente, Juan Maneiro resaltou o prestixio dos produtos alimentarios galegos e destacou que o nome de Galicia asociado á gastronomía é sinónimo de calidade, tradición e autenticidade. Ao tempo, fixo especial énfase na calidade e frescura do marisco e dos peixes procedentes da pesca artesanal.

Actividades da Consellería na feira
A Consellería do Mar está presente na décimo sétima edición deste salón cun posto institucional duns 60 m2 e ademais organiza diferentes degustacións. No día de hoxe as protagonistas foron as conservas. O cociñeiro Flavio Morganti, do restaurante Galileo de Ourense realizou as receitas Evolución de atún, Sardiñas crocantes á provenzal, Mar e Montaña con Mexillón de Galicia e Castaña de Galicia vs laranxas. Para acompañar a cata destes pratos haberá viños da D.O. Ribeiro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies