Gondomar albergou esta fin de semana o Campionato Provincial Libre de Categoria Nacional de cadete a Senior conseguindo podio en todas as categorías que participou
As patinadoras e patinadores do CPAG fixéronse cos pódiums das seguintes categorías: Oro Cadete masculino Joel Ribeiro, en Cadete feminino ouro para Xiana Fernández, prata Marta Goyanes e bronce para Ainhoa Vidal .Tamén ouro en Xuvenil Noa Álvarez , ouro en Junior Masculino Manuel Estévez e en feminino Sofía Fernández e ouro tamén en Senior Feminino con Andrea López.
Unha fin de semana chea de vitorias para o Club de Patinaxe Artística de Gondomar encabezado polo seu adestrador David Figueroa, en compañía do resto do corpo técnico; María Nombela como preparadora física e coach do club, e o seu coreógrafo Javier Martínez. Todos eles acompañaron aos seus deportistas levándoos todo o máis alto dos pódiums.




