spot_img
InicioVal MiñorNigránCiudad Ciencia festexa o 'Día Internacional da Muller e da Nena na...

Ciudad Ciencia festexa o ‘Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia’ no IES #ValMiñor

ciudad-ciencia-festexa-dia-internacional-da-muller-e-da-nena-na-ciencia-no-ies-valminorO Concello de Nigrán, a través do proxecto de divulgación ‘Ciudad Ciencia’ impulsado polo CSIC e a Obra Social La Caixa ao que se adheriu o municipio no 2017, ofrece mañá venres unha xornada no IES Val Miñor enmarcada no Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia

Pilar Riobó e Mar Nieto Cid, investigadoras do Instituto de Investigacións Mariñas, e Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, exporán aos estudantes da ESO que muller de ciencia admiran ou consideran especialmente relevante. A continuación, cada unha falará das súas experiencias persoais tentando buscar puntos en común co alumnado. Para finalizar, abrirase o debate, polo que as tres relatoras levarán preguntas para facilitar o diálogo.

A filosofía desta actividade de Ciudad Ciencia é totalmente divulgativa e co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres na Ciencia mentras o alumnado goza da xornada.
 
CIUDAD CIENCIA CELEBRA O ‘DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA’
 ‘Nin parvas nin tolas, sabias’ é un dos suxestivos títulos das actividades programadas en Cidade Ciencia para sumarse ao Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2015. Este Día celébrase co obxectivo de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, así como conseguir a igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres e as nenas neste ámbito.
Segundo explícase na web 11defebrero.org,, onde se recollen todas as iniciativas organizadas en España, na actualidade as mulleres e nenas atopan barreiras de moitos tipos, ás veces moi sutís, que dificultan a súa presenza na ciencia. Esta desigualdade é patente na elección dos estudos por parte das nenas e vaise agudizando ao avanzar nas carreiras científicas e tecnolóxicas. Nunha época en que a maior parte dos retos que se nos presentan (crise enerxética, crise ambiental, crise alimentaria, retos en medicina e en calidade de vida…) dependen da Ciencia e a Tecnoloxía, non nos podemos permitir prescindir do talento da metade da poboación.
Do 1 ao 15 de febreiro seis municipios pertencentes a Cidade Ciencia (entre eles o de Nigrán), acollerán nos seus centros educativos charlas de investigadoras que traballan en centros do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) co fin de contar ao alumnado a súa experiencia laboral xunto con biografías doutras mulleres que, como elas, tamén dedicaron a súa vida para investigar.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.