spot_img
InicioGaliciaCita con David Cal na 'Gala Nacional de Piragüismo'

Cita con David Cal na ‘Gala Nacional de Piragüismo’

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismoDavid Cal foi o gran protagonista da XXXIII Gala Nacional de Piragüismo que se celebrou en Madrid, no auditorio Goyeneche do COE. O recoñecemento ao 5 veces medallista olímpico compartiu admiración cos premios nacionais aos mellores da tempada 2015. Maialen Chourraut en categoría feminina e o K4 masculino de Pena, Carreira, Germade e Hernanz que recibirán o primeiro Premio David Cal

David Cal foi o gran protagonista da XXXIII Gala Nacional de Piragüismo celebrada en Madrid, no auditorio Goyeneche do COE. O recoñecemento ao 5 veces medallista olímpico pola súa impresionante traxectoria olímpica compartiu admiración cos premios nacionais aos mellores da tempada 2015.

A Campioa de Europa de Slalom 2015 Maialen Chourraut mellor deportista feminina 2015 e accésit para Teresa Pórtea, bronce na cita continental. En categoría masculina os primeiros en recoller o premios ´David Cal´ serán os compoñentes do K4 de Pena, Carreira, Germade e Hernanz que ademais de lograr a medalla de bronce na cita continental da modalidade de Canoe Sprint lograron a clasificación olímpica para Río de Janeiro 2016. O piragüismo español conseguía na tempada 2015 asegurar a clasificación olímpica para Río 2016 nas dúas modalidades olímpicas do piragüismo.

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismo

 

Os Premios Nacionais de Piragüismo 2015, que veñen recoñecer o traballo de toda unha tempada, e noutros casos o apoio incondicional ao noso deporte, contribuíndo todos eles a facelo máis grande, máis atractivo e máis espectacular.

Premio Nacional á Mellor piragüista feminina: Maialen Chourraut

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismo

 

Este ano, o premio concédese polos logros da pasada tempada 2015 como a medalla de ouro na proba de K-1 do Europeo de Markleeberg (GER), o seu 5º posto no Mundial clasificatorio disputado en Londres, o que lle fixo merecedora dunha das prazas para os Xogos de Río, e a medalla de bronce en próbaa Test disputada na canle dos Xogos.

Accesit Mellor deportista feminina: Teresa Portela
Pola consecución das medallas de bronce na Copa do Mundo de Duisburg e posteriormente reedita no Campionato do Mundo de Milán na proba de K-1 200m, posición que lle permitiu a súa clasificación para os próximos JJ.OO. de Río, na tempada que regresaba de novo á competición despois da súa maternidade.

Premio Nacional ao Mellor piragüista masculino ‘Trofeo David Cal Figueroa’:

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismo

Dita distinción recaeu na tripulación da embarcación K4 1.000m, que na presente tempada obtivo as medallas de prata na Copa do Mundo e a de bronce no Campionato de Europa celebrado en Racice (CZE) e no Mundial de Milán o 6º posto, o que lles deu o pasaporte olímpico para os Xogos de Río. Premio Nacional ao Mellor piragüista masculino ‘Trofeo David Cal Figueroa’ de 2015 a Javier Hernanz Agüería, Rodrigo Germade Barreiro, Óscar Carreira Amandi e Iñigo Pena Arriola.

O Premio Nacional ao Mellor Adestrador, ‘Trofeo José Montes’: Luís Brasero Merino

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismoEste ano o premio entrégase a un técnico de augas tranquilas, moi ligado á modalidade de kaiak. Luís Brasero Merino, é técnico responsable do grupo de 1000 m da RFEP, polos resultados na tempada 2015, na que os seus deportistas integrantes do K4 1000 metros, Javier Hernanz, Rodrigo Germade, Óscar Carreira e Iñigo Pena, lograron a medalla de prata na I Copa do Mundo e a de bronce no Europeo de Racice, así como a clasificación olímpica para os Xogos de Río, no pasado Campionato do Mundo de Milán, na proba reina, que tan bos resultados deu ao noso piragüismo e á que habería que remontarse aos de Atlanta 96 última vez en que estivo presente nuns xogos.

Premio Nacional ás Mellores Promesas Junior: Camila Aldana Morison-Rey e José Luís Gómez González

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismocita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismoUnha deportista pertencente ao Club Náutico Pontecesures, que obtivo na presente tempada a medalla de prata no Europeo Júnior en K-2 1000m e o 5º en K-1 na distancia olímpica de 500m, así como o 4º e 5º posto nas probas de K-1 e K-4 500m no Mundial Júnior celebrado en Montemor.
E a un padeeiro pertencente ao Club Los delfines de Ceuta, que callou unha gran tempada na proba do sprint K-1 200m, obtendo a mellada de prata no Campionato do Mundo disputado en Montemor (POR) e a de ouro no Europeo celebrado en Boscov (RUM).

Premio Nacional a los Mejores Promesas Sub-23: Nuria Vilarrubla García y Roi Rodríguez Huertas.

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismoOs premiados son unha deportista cunha gran tempada onde obtivo a medalla de bronce no Mundial Sénior na canle de Le Valley (GBR) e no Europeo Sénior de Markleeberg (GER), así como a medalla de ouro en C-1 Feminino e en patrullas no Mundial Sub23 de Foz d?Iguazu (BRA) e as súas medallas de ouro en K-1 e dúas pratas en C-1 e patrullas no Europeo Sub23 de Cracovia (POL).

E un deportista con outra excelente tempada con 5 participacións internacionais onde destacan o seu 4º posto en K-1 500m no Mundial Sénior e as medallas de ouro no Campionato do Mundo Sub 23 nas probas de K-1 1.000m e K-4 1.000m.

Premio Nacional aos Mellores piragüistas de Paracanoe: Jana Mestre Gómez e Javier Reixa Muñoz.

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismoNeste caso, premiamos a unha deportista cunha medalla de bronce en VL3 feminino, no pasado Europeo de Racice e un 6º posto no Mundial de Paracanoe de Milán.E a un padeeiro que conseguiu unha medalla de ouro en VL2 masculino, no Europeo de Racice e prata no Mundial de Milán.

cita-con-david-cal-na-gala-nacional-de-piraguismoA lista de premiados complétase con Josep Castellarnau, premio aos valores humanos, con José Avelino Morredes como mellor árbitro, co premio aos medios de comunicación ´Augas Vivas´ para TVE, a firma de conxelados Noribérica, ao Grupo Caliche e a liga de Fútbol Profesional como mellores patrocinadores. Amura, Nelo e o Principado de Asturias recibirán mencións especiais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.