spot_img
InicioVal MiñorBaionaVitoria do Miudo de Francisca Barros no Trofeo Vitaldent do Monte Real...

Vitoria do Miudo de Francisca Barros no Trofeo Vitaldent do Monte Real en Baiona

Monte-Real-Club-Yates--Blas de Lezo-organizan-Baiona-seminario-dereito-náutico-explicar-últimos-cambios-introducidos-lexislación

A tripulación liderada pola regatista lusa venceu na segunda xornada do trofeo arrebatándolle o liderado provisional ao Virazón

Emocionante segunda etapa do Trofeo Vitaldent organizado polo MRCYB. As condicións do vento, con picos de ata 20 nós, e do mar, con ondas que superaron os tres metros, encheron de emoción as regatas celebradas esta tarde na baía de Baiona.

O Miudo de Rui Ramada, patroneado nesta ocasión pola súa filla Francisca Barros, fíxose co triunfo da xornada tras lograr tres segundos postos nas tres probas disputadas. A tripulación liderada pola regatista lusa logrou impoñerse aos que foron os seus dous rivais máis duros na auga, o Virazón, patroneado por Gerardo Alonso, e o Alumisel de Willy Caamaño. Ambos realizaron un gran traballo na auga e colocáronse en segunda e terceira posición respectivamente, separados apenas por un punto.

As condicións de vento e mar, con picos de ata vinte nós e ondas de máis de tres metros, encheron de emoción as tres regatas disputadas en Baiona

O Ferralemes, con Enrique Porto á cana, saíu disposto a dar guerra e superar o bronce conseguido na primeira xornada, pero finalmente caeuse do podio provisional e tivo que conformarse cun meritorio cuarto posto.

O Luna Nueva de Juan Luís Tuero, patroneado por José Gándara; o Namasté de Luís de Mira e o Pazo de Cea de Rita Hernández colócanse en quinta, sexta e sétima posición. Pecha a clasificación o Escuela Náutico Cormorán mariño, que hoxe non competiu.

A competición organizada polo Monte Real Club de Yates para a clase J80 continúa o próximo mes de febreiro con dúas novas xornadas os días 13 e 27

A próxima cita co Trofeo Vitaldent, organizado en exclusiva para a clase J80, será o sábado 13 de febreiro. Coincidirá en data co Campionato Galego de 420, que tamén organiza o Monte Real Club de Iates.

- Publicidade -spot_img