spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Xunta de Galicia completará a humanización da Travesía de Sabarís no...

A Xunta de Galicia completará a humanización da Travesía de Sabarís no Concello de Baiona

 

 

 

 

 

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, trasladoulle ao alcalde de Baiona este compromiso que se enmarcará dentro do Plan hUrbe

A Xunta de Galicia completará a humanización da Travesía de Sabarís no Concello de Baiona. Este foi un dos compromisos que a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, lle trasladou esta mañá ao alcalde deste concello pontevedrés, Ángel Manuel Rodal Almuíña, co que mantivo unha reunión en Santiago.

A conselleira lembrou que con esta nova actuación, mellorarase a contorna da Praza Victoria Cadava, unha zona central desta travesía e pecharse a humanización desta zona do concello de Baiona, ao unir a Avenida de Julián Valverde -tramo humanizado grazas ás obras da primeira fase- e os traballos que na actualidade se están a executar e que se concentraron na rúa Areas.

A futura actuación, ao igual que as anteriores, estará enmarcada dentro do Plan hUrbe, polo que para a súa execución será necesario asinar un convenio de colaboración, despois de que os Concello ultime e presente o proxecto de humanización, no que se detallará a actuación a executar, os elementos a modificar e os traballos concretos a realizar.

Cómpre destacar que a Xunta de Galicia xa leva investidos máis de 1,8 millóns de euros na mellora e humanización desta travesía. Unha das fases consiste na adecuación da rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira –na actualidade en execución- mentres as obras da Fase I permitiron a humanización de máis de 500 metros, é dicir, a execución das obras de humanización da Avenida Julián Valverde (travesía interior de Sabaris).

- Publicidade -spot_img