spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaCinco concellos da provincia de Pontevedra acollerán as proxeccións da II Edición...

Cinco concellos da provincia de Pontevedra acollerán as proxeccións da II Edición do Ciclo Mestre Mateo

Baiona, A Estrada, O Grove, Caldas e A Guarda acollerán este ano as proxeccións que terán lugar entre os meses de maio e novembro

Revista COUSAS DE Nº17

O Ciclo Mestre Mateo regresa á provincia de Pontevedra e levará as proxeccións das longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do noso audiovisual aos concellos de Baiona, A Estrada, O Grove, Caldas e A Guarda, que pasan a formar parte da rede de salas. Deste xeito, a colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra achegará o mellor do audiovisual galego recente ao público destas cinco localidades, que collen o relevo de Redondela, Cambados, Poio, Ponteareas e Forcarei que acolleron con éxito o ciclo na súa primeira edición.

Os concellos participantes exhibirán entre maio e novembro unha programación que inclúe María Casares, a muller que viviu mil vidas, Unicorn Wars e O corpo aberto, recoñecidas respectivamente como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametaxe na última edición dos Mestre Mateo, celebrada o pasado 11 de marzo.

O resto de títulos do programa son o documental A foreign song (César Souto, 2022) gañadora dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón; o thriller Código Emperador (Jorge Coira, 2022) estreado no XXIV Festival de Málaga, onde tamén tivo a súa estrea a longametraxe Live is life (Dani de la Torre, 2022); o documental No somos nada (Javier Corcuera, 2022) estreado no Festival de Cine de San Sebastián; o filme de animación Valentina (Chelo Loureiro, 2022), gañadora do Goya á mellor longametraxe de animación na XXXVI edición dos premios da Academia Española e o documental Onde máis doe (Manane Rodríguez, 2022) estreada no OUFF – Ourense Film Festival.

- Publicidade -spot_img