spot_img
InicioPontevedra e ÁreaChega a Vigo a exposición "Mulleres en acción: violencia zero"

Chega a Vigo a exposición “Mulleres en acción: violencia zero”

deputacion-de-pontevedra-impulsa-o-desenvolvemento-de-proxectos-artisticos-simultaneos-en-dez-cidades-con-motivo-do-dia-internacional-contra-as-violencias-machistasEste luns día 7 de novembro, ás 13:00 h, terá lugar a inauguración da exposición “Mulleres en acción: violencia zero“, organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra, na planta primeira da Casa das Artes.

“Mulleres en acción: violencia zero” é unha mostra  que recolle os resultados dun proxecto de acción artística contemporánea levado a cabo o pasado 25 de novembro no espazo público. As súas premisas foron reinvidicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país, en particular, e por extensión, no mundo. Esta proposta multisede de sensibilización tivo como obxectivo fomentar na cidadanía unha actitude crítica: promover a visibilidade das artistas novas galegas, provocar o achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, e incentivar a integración de homes e mulleres na loita contra unha realidade que nos afecta a todos e a todas.

A exposición, comisariada por Paula Cabaleiro, recolle o sentir que a arte provocou o 25 de novembro de 2015 (Día Internacional contra a Violencia de Xénero) en dez concellos da provincia de Pontevedra: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Moaña e Caldas de Reis.

As artistas participantes foron: CARME NOGUEIRA, ANA GESTO, ADRIANA PAZOS E IRIA ACEVEDO, ROSA NEUTRO, ÁNXELA BLANCO, MÓNICA MURA, NEVES SEARA, LAURA PIÑEIRO, MERY PAIS e PAU-LOVA.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 25 de novembro.

- Publicidade -spot_img