Inicio Pontevedra Louriña Chega a Porriño a Exposición "Ilustrando" dos humoristas gráficos Davila e Gogue

Chega a Porriño a Exposición “Ilustrando” dos humoristas gráficos Davila e Gogue

Chega a Porrño a Exposición "Ilustrando" dos humoristas gráficos Davila e GogueA exposición “Ilustrando” que se exhibe na praza Arquitecto Antonio Palacios dende onte á tarde, recolle unha selección de viñetas publicadas en “Faro de Vigo” por dous dos mellores humoristas gráficos de Galicia: Luis Davila e Gogue

Trece cubos con paneis de vinilo reúnen unha ampla mostra de estes dous mestres que nos axudan cada mañana a dixerir coas súas viñetas en “Faro de Vigo”, a crua realidade. “Coa súa particular visión en clave de humor, a través de personaxes totalmente recoñecibles para os lectores como “Dora a desbrozadora”, de Davila o “Floreano” de Gogue que encarnan a retranca galega en estado puro”, manifestou a alcaldesa de Porriño durante a inauguración formal da mostra celebrada este mediodía.

Trátase dunha mostra itinerante que chega a Porriño dende Vilagarcía e que previamente tamén estivo en Vigo e máis en Pontevedra e despois seguirá o seu percorrido por outras vilas da provincia co apoio da Deputación”, manifestou a deputada Digna Rivas en representación do organismo provincial que colabora co xornal “Faro de Vigo” nesta iniciativa.

Ademáis da alcaldesa de Porriño e da deputada provincial asistiron ó acto de inauguración da mostra, Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño; Pedro Dias, xerente de “Faro de Vigo”, Luis Gónzalez Míguez, director comercial do rotativo e Gabino Porto, delegado do xornal na bisbarra, así como representantes de Banco Sabadell e Coren, firmas que tamén copatrocinan. A exposición manteráse en Porriño dúas semanas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies