Inicio Pontevedra Louriña O Club Natación Mos representado por Juan Ferrón na Open International Series...

O Club Natación Mos representado por Juan Ferrón na Open International Series de Natación Paralímpica de Berlín

O Club Natación Mos representado por Juan Ferrón na Open International Series de Natación Paralímpica de BerlínA competición celebrarase do 6 ao 9 de xuño na capital alemana e Ferrón leva alí dende onte para someterse ás revisións pertinentes

O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, xa se atopa en Berlín para competir coa FEDC (Federación Española de Deportes para Cegos), sendo o único representante galego na mesma.

Entre os días 6 e 9 de xuño celébrase na capital alemana a Open International World Series de Natación Paralímpica á que Ferrón foi convocado pola FEDC para os 50 e 100 metros libres e os 50 e 100 metros bolboreta.

O nadador do Club Natación Mos viaxou xa onte ata Berlín para someterse a unha revisión que determine o seu encadre a nivel internacional.

O Concello de Mos súmase ás declaracións dedicadas a Ferrón polo seu club desexándolle que viva ao máximo esta gran experiencia así como moita sorte nesta competición na que lle auguran un gran papel.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies