Inicio Baixo Miño Charla coloquio “86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en...

Charla coloquio “86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en Caldelas / Friestras”

Charla coloquio “86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en Caldelas/Friestras”A Casa Cultural de Caldelas acolle este domingo, 17 de novembro, ás 12 h a charla coloquio “Lindbergh en Caldelas”, cando se cumpren 86 anos do amerizaxe do aviador norteamericano no río Miño.

A charla correrá a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, historiador e técnico do Arquivo, Museo e Biblioteca do Concello de Tui, e de Jose Manuel do Souto Pereira Gomes, piloto,  instrutor de voo, socio fundador do Aeroclube de Cerval e director do aeródromo de Cerval, en Valença.

Charla coloquio “86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en Caldelas/Friestras”Con este evento o Concello de Tui e os veciños de Caldelas queren darlle visibilidade aos feitos históricos acontecidos o 13 de novembro de 1933.  Nesa data o  aviador norteamericano Charles Augustus Lindbergh e a súa dona Anne Spencer Morrow tiveron que realizar unha amerizaxe no río Miño, entre a parroquia tudense de Caldelas e a freguesía valenciana de Friestas, cando estaban a realizar a volta ao mundo no seu hidroplano Albatros. Debido ao mal tempo amerizaron nunha zona de augas tranquilas, descoñecendo que estaban na fronteira hispano portuguesa.  Procedían de Santoña, onde o mal tempo lles obrigara tamén a amerizar no Cantábrico, tras iniciar a ruta no Lago Constanza en Suíza con destino a Lisboa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies