spot_img
InicioO SalnésCentos de corredores afeccionados e federados participarán na XV Milla Urbana de...

Centos de corredores afeccionados e federados participarán na XV Milla Urbana de Sanxenxo

 

Mila Urbana de SanxenxoCentos de corredores, tanto afeccionados como federados, participarán o vindeiro domingo día 31 na …

Milla Urbana Vila de Sanxenxo, que este ano alcanza xa o seu décimo quinta edición. A Concellaría de Deportes ul

tima estes días a celebración deste evento para o que xa abriu o prazo de inscrición.

Así, as persoas interesadas en sumarse esta cita deportiva poden anotarse a través da dirección de correo electrónico deportes@sanxenxo.org, chamando ao número de teléfono 986 727 936 ou persoalmente no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Do mesmo xeito que en anteriores convocatorias, a competición desenvolverase no paseo de Silgar onde os asistentes deberán superar distancias diferentes segundo a categoría. Os grupos de prebenjamines, benjamines e alevíns percorrerán 400 metros e os infantís e cadetes alcanzarán os 800 metros, mentres que os junior, sénior, veteranos e os deportistas federados realizarán a milla completa, nun traxecto de 1.609 metros.

Tras a última proba, ao redor das 13.30 horas, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, acompañada da responsable da Concellaría de Deportes, Isabel González, entregará, na avenida Luís Rocafort, os trofeos, medallas e premios económicos.

Os gañadores de cada unha do dez categorías, tanto na modalidade masculina como feminina, serán recompensados cun trofeo do evento, á vez que os clasificados en segundo e terceiro posto recibirán as correspondentes medallas.

Os atletas federados obterán cinco principais premios en metálico, que ascenderán a 500 euros para os primeiros en completar o traxecto, 250 euros para os segundos, 125 euros para os terceiros, 75 euros para os cuartos e 25 euros para os quintos.

Así mesmo, a organización da XV Milla Urbana da Vila de Sanxenxo repartirá refrescos entre todos os participantes que completen a distancia estipulada para cada categoría.

Os corredores que non se anotaron previamente poderán facelo o domingo no posto que se habilitará para a ocasión na avenida Luís Rocafort, que estará aberto desde as 9.30 horas até momentos antes do inicio das primeiras carreiras, previstas pairas as 12.00 horas.

- Publicidade -spot_img