spot_img
InicioGaliciaA Xunta destina preto de 9 millóns de euros a proxectos de...

A Xunta destina preto de 9 millóns de euros a proxectos de recuperación medioambiental nos concellos galegos

xunta1

 

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, fixo pública esta mañá nunha rolda de prensa a resolución das axudas do Fondo de Compensación Ambiental

En concreto, Pazos Couñago indicou que as subvencións destinaranse a desenvolver proxectos relacionados coa recuperación ambiental do territorio galego en distintos ámbitos, como o son a mellora do saneamento e depuración de augas residuais, a eficiencia enerxética ou a recuperación de espazos naturais.as a financiar iniciativas municipais de mellora do medio ambiente e para as cales a Xunta destinará este ano preto de 9 millóns de euros.

Ao abeiro da orde do Fondo de Compensación Ambiental, a Vicepresidencia da Xunta –a través da Dirección Xeral de Administración Local- repartirá un total de 8,7 millóns de euros a través das liñas de concorrencia competitiva e non competitiva.

88 concellos beneficiarase destas axudas procedentes do canon eólico y através del fondo de Compensación Ambiental. En la provincia de Pontevedra, solo 8 concellos son los elegidos .
Para liña non competitiva -dirixida a aqueles concellos que albergan no seu territorio instalacións de aproveitamento eólico- foron destinados 7 millóns de euros. Na liña de concorrencia competitiva, á cal poden acceder todos os concellos galegos que presentaron un proxecto de carácter medioambiental foron destinados uns 1,7 millóns de euros para un total de 53 proxectos que benefician a 88 concellos. Por provincias, Ourense foi a zona onde máis proxectos se levarán a cabo cun total de 20, seguida de Coruña con 13, Lugo con 12 e Pontevedra con 8.

Ademais, Pazos Couñago recordou que a Xunta de Galicia está a implementar medidas dirixidas a incentivar a colaboración entre concellos mediante a xestión compartida de proxectos co fin de mellorar a distribución e o aproveitamento dos recursos económicos. Polo que do total dos proxectos, 27 son de modalidade de xestión compartida entre concellos.

As subvencións destinaranse a proxectos relacionados coa mellora do saneamento e depuración de augas residuais, eficiencia enerxética ou recuperación de espazos naturais.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Ademais, este Fondo reflicte o compromiso da Xunta: co medio ambiente -está dirixido a actuacións ambientais-, coas facendas locais, xa que representa un importante ingreso para as arcas municipais; e por último co reequilibrio territorial, xa que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais do interior de Galicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.