spot_img
InicioVal MiñorNigránCentos de alumnos de Nigrán participan na 'XII Carreira Solidaria' organizada polo...

Centos de alumnos de Nigrán participan na ‘XII Carreira Solidaria’ organizada polo Colexio Arquitecto Palacios de Panxón

Centos de alumnos de cinco centros educativos participaron onte na ‘XII Carreira Solidaria’ organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo da Semana da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, como fan habitualmente.

 

Cousas de revista nº16

Na proba, celebrada no recinto exterior do centro educativo e á que asistiu o alcalde acompañado dos concelleiros de Deportes, Educación e Igualdade, participaron ademais de alumnos do CPI, o Centro de Educación Especial de Panxón, CEE Juan María de Parada, Escola Infantil As Dunas e CEIP A Cruz de Camos.

 

Todos, desde Infantil a 4º da ESO, correron tempos entre 3 e 10 minutos tras achegar os seus patrocinadores adultos un donativo para a causa por cada volta completada.

“Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas ao docentes pola organización e alumnado e as súas familias pola súa participación imprescindible”, destaca o rexedor, Juan González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.