spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán inicia o expediente de contratación para a rehabilitación integral do muíño...

Nigrán inicia o expediente de contratación para a rehabilitación integral do muíño de Porto do Molle

Nigrán rehabilitará o muiño do Porto do MolleEn estado ruinoso desde hai máis de 30 anos pese a estar catalogado, o proxecto contempla a súa total reparación e incorporación de maquinaria e un novo canal hidráulico para que poida funcionar a modo divulgativo

Cousas de revista nº16

O Concello de Nigrán iniciou esta semana o expediente de contratación para rehabilitar integralmente o muíño de Porto do Molle cun investimento previsto de 250.000 euros a través do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra. Situado en pleno parque empresarial ao carón do río Muíños e en estado ruinoso desde hai máis de 30 anos pese ao seu gran valor histórico e etnográfico e estar catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural), a construción volverá a funcionar con fins didácticos. O obxectivo é reparalo respectando ao máximo a súa orixinalidade e poñelo a funcionar mediante a reposición dos mecanismos actualmente desaparecidos e da disposición dunha nova canle hidráulica.

Concello de Nigrán e Zona Franca chegan a un acordo para rehabilitar o muiño de Porto do Molle

Cunha planta rectangular de 25 m x 6’5 m, este foi un dos muíños máis grandes e produtivos da comarca, xa que chegou a ter tres moas en funcionamento simultáneo. Sen embargo, debido ao paso do tempo, actualmente presenta importantes perdas nos muros e carece de cuberta, maquinaria e mesmo de canle hidráulica. Trátase dunha edificación do S.XVIII que consta do propio muíño, almacén e vivenda anexa nun único volumen e no que o sótano está aberto ao exterior mediante tres arcos de medio punto polos que discorría a auga tras moverse o mecanismo de rotación. As obras e movementos de terra para habilitar o parque empresarial implicaron soterrar a súa canle de abastecemento e evacuación ao río Muíños, polo que a día de hoxe en ningún caso poderían funcionar os aparellos, sen embargo, o proxecto contempla activar unha das tres moas orixinais creando un circuíto pechado que empregue un estanque anexo á construción. Co fin de respectar ao máximo a súa factura orixinal, contouse co propio asesoramento de Angel Fernández Misa, fillo dos últimos muiñeiros e quen vivíu nel ata os 20 anos de idade. “Era o muíño máis produtivo de todo Nigrán, ao que viña máis xente, porque tamén era o máis barato”, recorda Lito.

Nigrán rehabilitará o muiño do Porto do Molle

Esta restauración, ademais de implicar un estudio histórico e control arqueolóxico da mesma, supón repoñer e acondicionar a envolvente do edificio, restaurar os paramentos da edificación e infraestruturas hidráulicas e, finalmente, recuperar e repoñer os elementos xa desaparecidos de roturación e trituración. Así, na sala correspondente ao propio muíño plantéxase unha intervención mínima instalando unha cuberta de madeira de castiñeiro con cerchas e correas, tal e como tradicionalmente se facía, e, adicionalmente, no chan se repararán as grandes lousas de granito que estean deterioradas.

Na habitación que era vivenda ou almancén crearase unha pequena sala de exposicións ou multiusos cun sistema estrutural moderno a base de madeira laminada e tirantes de aceiro, ademais, instalaranse dous aseos, un deles adaptado a persoas con mobilidade reducida (unha zona do cerramento desta sala está derruída e será reconstruída en formigón para que contraste co muro de granito existente). O edificio manterá tres accesos independentes: o do propio muíño, o da sala e un central que da ao vestíbulo desde onde acceder ás dúas salas ou wc. A maiores, contémplase intervir na zona verde da contorna do muíño, onde os desniveis de terras se adaptarán mediante bancais para permitir contemplar mellor todas as partes do muíño.

“Queremos que recolla a tradición muiñeira que pon nome precisamente a este río, polo que plantexamos unha exposición permanente ao respecto e, por suposto, que poida funcionar para facer muiñadas a modo divulgativo”, resume o alcalde, Juan González.

- Publicidade -spot_img