spot_img
InicioBaixo MiñoCatro padeeiros galegos da modalidade de slalom representarán a España no campionato...

Catro padeeiros galegos da modalidade de slalom representarán a España no campionato de Europa Sub23 e Xuvenil

GALLEGOS SLOVENIA

A cidade eslovena de Solkan será o escenario do Campionato de Europa Sub23 e Xuvenil de Slalom durante os cautros próximos días 25, 26, 27 e 28 de agosto.

Entre os 24 deportistas españois que participarán no campionato atópanse Luís Fernández do Club Deportivo Miño Os Teixugos que participará na proba de C1 en categoría Sub 23, o seu compañeiro de club Manuel Ochoa competirá en C1 Xuvenil, Miguel Lorenzo do Piragüismo Penedo remará en C1 xuvenil e Ainhoa Lameiro en C1 xuvenil.

Segundo palabras do adestrador do Centro Galego de Tecnificación Deportiva Ekhi Díez, os catro piragüistas, chegan á cita nun bo estado de forma despois de ir crecendo ao longo desta tempada.

Os obxectivos para estes padeeiros son distintos, aínda que, Luís Fernández e Manuel Ochoa buscarán entrar na final, Miguel Lorenzo e Ainhoa Lameiro tentarán alcanzar as semifinais, para eles este campionato serve para acumular experiencia de fronte o futuro, posto que ambos pertencen aínda á categoría cadete.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.