spot_img
InicioVal MiñorGondomarCatro mozos do curso de soldador financiado polo Concello de Gondomar acadan...

Catro mozos do curso de soldador financiado polo Concello de Gondomar acadan a súa inserción laboral

Un total de catro mozos dos 15 que participaron no curso gratuito de soldador MIG-MAG homologado de 152 horas de formación, financiado polo Concello de Gondomar cun investimento de máis 14.000 euros,  asinaron  xa o seu  primeiro contrato laboral.

Os catro rapaces  xa comezaron a traballar para as  empresas onde realizaron as prácticas  deste curso, que  impartido pola Fundación Galega do Metal, acaba de finalizar. O alcalde de de Gondomar, Paco Ferreira,  presidiu a entrega de diplomas a estes novas que completaron 112 horas de formación teórica ás que suman outras 120 de prácticas en empresas do sector situadas nos polígonos da Pasaxe e Vigo.

Os alumnos realizaron tamén a proba de homologación que acredita a súa capacitación laboral e recibiron formación en prevención de riscos laborais, con especial atención ao sector naval, no van desenvolver as súas tarefas profesionais, o que lles facilita o acceso inmediato ao comprado laboral.  Ademais dos contidos teóricos o curso buscou a forma de complementar este tipo de formación cun programa máis amplo e cun período de prácticas non laborais en empresas, para propiciar a súa inmersión o mundo laboral.

Trátase ademais un programa formativo “completo e prometedor”, xa que catro dos quince alumnos que asistiron ao curso, “non puideron estar nesta entrega de diplomas por estar a realizar a súa xornada laboral nas empresas para as que xa están a traballar”,, destacou o alcalde.

Co desenvolvemento desta acción formativa, o Concello de Gondomar realiza unha aposta firme pola formación e a creación de emprego  para os mozos,  para propiciar a súa integración   no mercado laboral, en sectores produtivos punteiros como o naval, onde as empresas demandan persoal laboral.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.