spot_img
InicioBaixo MiñoCatro galegos no Mundial de Slalom Junior e Sub 23

Catro galegos no Mundial de Slalom Junior e Sub 23

O campionato do Mundo Junior e Sub 23 de Slalom dará comezo hoxe na localidade eslovena de Tacen en Liubliana, coa presenza de catro deportistas galegos na filas do equipos español.

A competición comeza hoxe coas probas por equipos nas que estará presentes Manuel Ochoa do Deporitvo Miño “Os Teixugos” no equipo kaiak sub 23 que tomará a saída ás 13.05.

O conxunto de kaiak xuvenil terá na liña de saída ao padeeiro do Club Tea de Mondariz Mario Otero que debuta nunha cita internacional. Ás 13:47 está previsto que comece o seu descenso.

Xa pola tarde empezarán a súa andaina mundialista os dous deportistas do Piragüismo Penedo Daniel Pérez e Ainhoa Lameiro. Ambos competirán na modalidade de canoa sub 23.

O mércores será a quenda das competicións individuais que finalizarán o domingo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.