spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCarmela Silva entrega o primeiro premio do concurso de microrrelatos de Mulleres...

Carmela Silva entrega o primeiro premio do concurso de microrrelatos de Mulleres Progresistas

carmela-silva-entrega-o-primeiro-premio-do-concurso-de-microrrelatos-de-mulleres-progresistas

A Presidenta da Deputación de Pontevedra subliña que a importancia de dar visibilidade as mulleres que son o cincuenta e dous por cento da poboación

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva entregou hoxe o primeiro premio do concurso de microrrelatos  de Mulleres Progresistas no que subliñou que actos así servían para reivindicar a visibilidade do cincuenta e dous por cento da poboación que son  mulleres.

Carmela SIlva estivo acompañada pola deputada provincial de Igualdade, Isaura Abelairas; a concelleira de Igualdade de Vigo, Uxía Blanco e pola presidenta de Mulleres Progresistas, Fernanda García. Silva, que reivindicou o papel da muller na literatura española, asegurou que a presenza da muller en moitos eidos da vida do noso país aínda e insignificante e puxo por exemplo a situación da xustiza. “Mentres o 52 por cento das maxistradas son  mulleres, nos seus máximos órganos, como o Tribunal Supremo ou a Audiencia Nacional non existen postos ocupados por mulleres. Igual ocorre no mundo da empresa, onde so dúas mulleres son conselleiras en empresas do IBEX 35”.

Pero tamén no mundo da política a Presidenta da Deputación reclamou unha maior presenza da muller. “No primeiro Parlamento tras a ditadura apenas dúas mulleres ocupaban escanos e agora xa estamos nun 40 por cento pero aínda nos queda moito por recorrer para chegar a una paridade real”, sentenciou Silva.

Por elo, considerou como moi importante que o talento da muller sexa visible o través deste concurso de microrrelatos, que lobou pola súa calidade  “e porque falan da nosa realidade e da nosa visión do mundo”, concluiu.

A concelleira de Igualdade de Vigo, Uxía Blanco, entregou o terceiro premio que recaeu no traballo baixo o título de “Nas mellores mans” de  Maria Salinas García. A deputada provincial de Igualdade, Isaura Abelairas, entregou o segundo premio baixo o título de  Ollomol de María Rey Torrente. E por último, Carmela Silva entregou o primeiro premio que baixo o título de Serendipia presentou  Raquel Fernández Fernández.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.