·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránCarlos Méixome presenta en Nigrán o seu último libro 'Catas na memoria'

Carlos Méixome presenta en Nigrán o seu último libro ‘Catas na memoria’

Carlos Méixome presenta en Nigrán o seu último libro 'Catas na memoria'O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este venres ás 20:00 horas a presentación do último libro de Carlos Méixome ‘Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor’ (Edicións Laiovento).

O autor estará acompañado polo alcalde de Nigrán como historiador especialista na Guerra Civil, o músico e siquiatra Antón Seoane e a catedrática de Xeografía e Historia Rosa Pascual, todos veciños do municipio. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias.

Durante anos, a memoria, como un fío de Ariadna, andou a turrar de min. Xurdindo en intranscendentes conversas de boa veciñanza, nas lecturas de libros de amigos ou entre saloucos agoniados polo fogar ausente, profundando a sensación de inxustiza que comete un estado autoproclamado democrático coa cidadanía perseguida por un réxime que concentrou e expandiu todas as perversións do século pasado. Agora, co pouso do tempo, refago, reelaboro escritos sobre a persecución franquista no Val de Miñor esbozados en momentos de intensa actividade memorialista, consciente de que o labor non só non está esgotado, senón que a memoria aínda non virou en historia”, explica o autor.

Carlos Méixome presenta en Nigrán o seu último libro 'Catas na memoria'

Carlos Méixome

Aínda que dezán de nacenza  (Lalín, 1954), sendo un cativo levárono para O Carballiño. O oficio profesoral, impartindo Xeografía e Historia, levouno a asentarse en Vigo e despois no Val de Miñor.  Estudou Filosofía e Ciencias de Educación en Compostela. Participou, dende novo, no activismo político e cultural nacionalista. Foi colaborador do Instituto Galego de Estudos Internacionais (IGADI) publicando traballos sobre a ex Iugoeslavia, Cuba, ou Rusia… En 1999 participou na fundación do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) do que foi o seu director ata 2015. Ten publicado sobre cuestións de historia contemporánea. Dende 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro.

Dende 2005 ten desenvolvido unha ampla actividade memorialista arredor da persecución franquista no Val de Miñor e unha serie de investigacións sobre a mesma en toda a área sur da provincia de Pontevedra. É autor de varias obras entre as que destacan: ‘Textos e documentos para a Historia contemporánea de Galicia’; ‘Castelao. Unha historia do nacionalismo galego’ ou ‘Daquí ou dacolá’.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies