spot_img
InicioVal MiñorGondomarCarlos Méixome presenta en Gondomar o seu úlltimo libro

Carlos Méixome presenta en Gondomar o seu úlltimo libro

Carlos Méixome presenta en Gondomar o seu úlltimo libroO Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar acolleu este venres o acto de presentación do novo libro de Carlos Méixome, O terror nas Tebras e outras catas na memoria (Edicións Laiovento, 2022).

Estivo acompañado polo alcalde Paco Ferreira, así como polo profesora, escritora e recoñecida poeta Marta Dacosta e por Gonzalo Navaza, escritor de variados rexistros, profesor, membro da Real Academia e filólogo especialista en toponimia e tamén orixinario da mesma comarca do Deza.

Revista COUSAS DE Nº13

Neste novo libro ademais de abrir o foco a concellos lindeiros (Tomiño, Oia, Mos) non deixa de centrarse no Val de Miñor, tanto recuperando datos sobre persoas do Miñor asasinadas no territorio destes concellos como, sobre todo, achegando unha memoria do movemento memorialista das últimas dúas décadas no Val de Miñor e realizando unha cata fonda sobre a fundación e o funcionamento da denominada Falange da Ramallosa, que en realidade o era de todo o concello de Nigrán,de parte do de Baiona e das parroquias gondomareñas de Donas e Borreiros, polo que se converteu na milicia que controla na práctica todo o Val de Miñor.

 

- Publicidade -spot_img