Inicio O Condado Carlos Costal Fernández gaña o IV Torneo Intercentros de Xadrez de Ponteareas

Carlos Costal Fernández gaña o IV Torneo Intercentros de Xadrez de Ponteareas

Carlos Costal Fernández gaña o IV Torneo Intercentros de Xadrez de PonteareasCoa participación dos alumnos do IES do Barral o IES Pedra da Auga e o IES Val do Te e baixo a dirección de Alejandro de León (persoal administrativo do centro educativo), onte celebrouse no IES Val do Tea de Ponteareas a IV edición do Torneo Intercentros de Xadrez.

Participaron un total de 47 alumnos e alumnas que acompañados polos seus profesores, e baixo a atenta ollada da catro veces campioa de España feminina Yudania Hernández, disputaron un torneo de 7 roldas a 7 minutos resultando vencedor Carlos Costal Fernández, segunda clasificada Noelia Malmierca Julián e terceiro David Lago Rodríguez.

Carlos Costal Fernández gaña o IV Torneo Intercentros de Xadrez de Ponteareas

É importante subliñar que con este Torneo de Xadrez ao igual que con outras actividades Intercentros, trátase de acadar un intercambio educativo entre tódolos alumnos e alumnas participantes.

Na entrega de agasallos e trofeos ademáis da Vicedirectora do Val do Tea, Uxía Martínez, estiveron por parte do Concello de Ponteareas Cristina Fernández como Concelleira de educación e Miguel Bouzó como Concelleiro de Mocidade.

A vindeira cita xadrecística Intercentros celebrarase no IES Pedra de Auga a finais de febreiro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies