O Concello de Cangas rematou as actividades formativas levadas a cabo pola Concellería de Emprego e Formación.
A Concellería de Emprego e Formación, dirixida pola concelleira popular Berta Pérez,deu por rematados os cursos AFD con certificado de profesionalidade enmarcados no programa municipal “Cangas Proxecto Emprego”, concedidos pola Consellería de
Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para o exercicio 2014, no marco das subvencións en materia de formación e emprego dirixida a persoas desempregadas.
Os cursos de “Xestión Administrativa e Financieira do Comercio Internacional”, cunha duración de 678 horas lectivas repartidas desde 1 de agosto ao 15 de decembro, e o de “Creación e Xestión de Microempresas”, cunha duración de 538 horas, desde 26 de
agosto ao 11 de decembro, foron impartidas na súa totalidade no Centro Municipal da Casa de Oficios “Lorenzo Corbacho”, en xornada única de mánan (8:00-15:00 horas) ou de tarde (15:00-22:00 horas). En totalidade 4 cursos, dous por cada espacialidade para un total de 60 alumnos (15 por xornada e curso). Estes cursos completáronse cun
módulo de prácticas a desenvolver en diferentes empresas da localidade.
A concelleira de Mercado, Berta Pérez, aclara que estas actividades formativas cumpriron os obxectivos marcados, mellorar a empregabilidade e procurar a inserción laboral dos demandantes de emprego, destacando o feito de que preto de 15 alumnos
tiveron que darse de baixa a piques de finalizar os cursos por atopar emprego.



