O vindeiro sábado 27 de febreiro as 9:30 horas dará comezo no encoro David Cal de Verducido, o Campionato Galego de Inverno sobre a distancia de 5.000m para as categorías cadete, xuvenil, senior e veterano.
Un total de 37 clubs participan na primeira competición oficial do ano dunha tempada, na que os cambios aprobados na asemblea ordinaria do pasado mes de xaneiro, marcasen un antes e un despois nas competicións galegas.
Ás distintas ligas separadas por categoría e sexo únese a formación de distintas divisións ao final de tempada onde todas as ligas terán 1º e 2º división. Ademais este ano elimínanse os descártes das competicións e todos os clubs terán puntuación final en cada competición das ligas nas que se inscriban. O club que non participe nunha competición recibirá 10 puntos menos que o último clasificado.
O Club As Torres con 43 deportistas e o Club Naval de Pontevedra con 39 son os equipos que máis participantes achegan á competición.
A nivel individual os actuais campións sairán a defender o seu título de campión de inverno, Rubén Millán-Club Kaiak Tudense terá como máximos rivais aos seus compañeiros de club salvo a Iván Alonso que se ausenta nesta primeira cita do ano, hai que destacar a Carlos Pérez ‘Percuho’ que vén con forza despois de anunciar que está a preparar o selectivo de K2 1000m para acudir á olimpíada.
Teresa Portela-Club de Mar Ría de Aldán enfrontarase ás súas compañeiras de adestramento Camila Morison, Raquel Dá Costa-Club Náutico Pontecesures e Natalia Naveiro-Club Breogán de O Grove para poder lograr a vitoria nunha distancia que non é a súa especialidade. Esta carreira conta cun record de participación, que dá mostra da evolución da categoría nos últimos 6 anos onde se pasou de 9 a 32 participantes.
Na modalidade de canoa, Diego Romero-Club Breogán do O Grove tentará repetir triunfo nunha regata que conta con todos os seus principais rivais, ademais do seu compañeiro de equipo Ton Campos estarán na liña de saída Adré Oliveira-Club Náutico Firrete, José Luis Bouza e Brais Casás ambos do Club Kaiak Tudense. Na categoría femenia Raquel Rodríguez-C.E.P. Ciudad de Pontevedra é a principal favorita para levar a vitoria.



