spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCambados, O Grove, Illa de Arousa e Vilanova de Arousa acollen o...

Cambados, O Grove, Illa de Arousa e Vilanova de Arousa acollen o 1º Trofeo Rías Baixas Deputación de Pontevedra

As catro localidades organizan xunto coa Federación Galega de Piragüismo esta competición puntuable para a liga Galega.

Cambados-Grove-Illa-Arousa-Vilanova-Arousa-acollen-1º-Trofeo-Rías-Baixas-Deputación-Pontevedra

Un total de 180 padeeiros daranse cita o vindeiro domingo día 6 de setembro no 1º Trofeo Rías Baixas Deputación de Pontevedra, a competición pertence á liga Galega e disputarase na modalidade de K4 e C4 en categoría absoluta.

A proba terá presenza en catro localidades da Ría de Arousa, na organización da mesma colaboran o Club Náutico O Muiño, Club Illa de Arousa, Club Piragüismo Cambados e o Club Breogán de O Grove.

A saída para as embarcacións de K4 será ás 10:00 desde a localidade de Vilanova de Arousa na praia do Terrón, os participantes dirixiranse cara á Punta do Xemeliño na Illa de Arousa, alí terán que realizar un porteo duns 150m pola praia e logo dirixirse cara ao porto de Cambados onde terán que ciabogar, para logo seguir cara ao porto deO Grove, onde estará a liña de meta.

As embarcacións C4 e K4 mulleres sairán desde a praia da Illa de Arousa ás 10:00, realizando o resto do percorrido igual que os K4 masculinos. A hora aproximada da chegada será sobre as 11:00 da mañá.

Este trofeo conta con premios económicos para os 20 primeiros clubs clasificados, así o primeiro club levará 500 euros, o segundo 450 euros, o terceiro 350 euros, do cuarto ao noveno 250 euros e o resto levará 100 euros.

Cambados-Grove-Illa-Arousa-Vilanova-Arousa-acollen-1º-Trofeo-Rías-Baixas-Deputación-Pontevedra

O venres tivo lugar no concello do Grove a presentación oficial do trofeo ao que asistiron os alcaldes das localidades organizadoras e o presidente da federación don Jose Alfredo Bea.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.